Universidade Estatal de Bakú

Universidade de Acerbaixán

Coordenadas: 40°22′23″N 49°48′41″L / 40.37303, 49.81141

A Universidade Estatal de Bakú (BSU, en azerí, Bakı Dövlət Universiteti) é unha universidade pública localizada en Bakú, Acerbaixán, creada o 1 de setembro de 1919, polo Parlamento da República Democrática de Acerbaixán.[2]

Bakı Dövlət Universiteti
Universidade Estatal de Bakú
Datos xerais
LocalizaciónBakú
Datos actuais
ReitorElchin Babayev
Alumnos20.470[1]
Datos de contacto
EnderezoAkademik Zahid Xəlilov küçəsi-23. Bakú
Páxina webhttp://www.bsu.edu.az/en
Facebook: Bakı-Dövlət-Universitetinin-rəsmi-səhifəsi-557853851299952 Twitter: bdu_eduaz Telegram: bdu_eduaz Youtube: UCFaNlT1j-P-380zWYsWZXpQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A universidade comezou inicialmente coas facultades de Historia e Filoloxía, Física e Matemáticas, e Dereito e Medicina[3] O primeiro reitor da BSU foi V.I.Razumovsky, anteriormente profesor de cirurxía na Universidade de Kazán.

Traxectoria editar

 
Estudantes da Facultade de Medicina da Universidade Estatal de Bakú (1923)

Década 1920 editar

En 1922, a universidade foi denominada como a Universidade Estatal de Acerbaixán e a partir de 1923, dispúxose que as ensinanzas fosen en ruso. Entre 1926 e 1929 o reitor foi Fagi Shahbazi.

En 1930, o goberno acordou o peche da Universidade por mor da reorganización da educación superior na Unión Soviética e a Universidade foi substituída polo Instituto Pedagóxico Superior. Porén, en 1943 restableceuse, de novo, a universidade, que se converteu no centro científico e pedagóxico da República e continuou funcionando durante os anos da segunda guerra mundial experimentando unha importante escaseza de profesorado.

En 1945, os profesores tiveron unha parte activa na fundación da Academia de Ciencias de Acerbaixán. A maioría das universidades da república -como Universidade Médica de Acerbixán e a Universidade Estatal de Económicas de Acerbaixán Azerbaijan ou a Universidade Estatal de Pedagoxía — foron creadas a partir da BSU.

Década 1960 editar

Polo seu 40º aniversario, en 1959, a Universidade xa contaba con 13 facultades. Pero foi a partir de 1969, cando se desenvolveu enormemente a impartición de coñecemento, pois se crearon varias facultades e departamentos de especialidades modernas e máis de 30 laboratorios de investigacións científicas

Entre os licenciados da BSU houbo dous presidentes de Acerbaixán: Abulfaz Elchibey (graduouse na Facultade de Literatura e Lingua árabe) e Heydar Aliyev,[3] que dominou Azerbaijan a vida política do país, durante 30 anos, dende a Facultade de Historia. Tamén o físico Lev Landau, estudou na BSU entre 1922 e 1924.

A partir de 2010 editar

Hoxe, a BSU imparte 16 titulacións co 55 licenciaturas e 153 máster. BSU é a única universidade da República de Acerbaixán clasificada na Clasificación de Universidades por Rendimiento Académico, ocupando o posto 1872 a nivel mundial na clasificación de 2014-2015.[4]

 
Escudo de armas da BSU en 1919.

Relacións internacionais editar

Ao longo do tempo, a universidade foi tecendo e incrementando as relacións con diversas institucións internacionais como a Asociación de Universidades de Eurasia, que une a un gran número de universidades da anterior Unión Soviética. Entre 2002-2004, a BSU liderou a Asociación de Universidades de Estados de Mar Negro. Ademais, a tamén asinou acordos de cooperación científica e técnica, e programas para intercambiar profesorado non máis de 40 universidades internacionais entre as que destacan: a Universidade Estatal de Moscova, a Universidade Técnica de Oriente Medio, a Universidade Antipole de Niza-Sofía, a Universidade de Bucarest, a Universidade de Indiana, a Universidade Nacional de Kíiv, a Universidade de Viena e outras importantes universidades.[5] Tamén publicou conxuntamente, con varias desas universidades, conferencias científicas, libros de texto e organizou talleres.[3]

Estrutura editar

Consello académico editar

O Consello académico de Bakú ten como funcións universitarias estatais: contribuír á educación, a súa calidade, representación da universidade así como o establecemento de relacións internacionais.

Facultades editar

 
Cerimonio nomeando a Dmitry Medvedev como Doutor Honoris causa pola BSU (3 de setembro de 2010)
  1. Matemáticas aplicada e Cibernética Económica
  2. Física
  3. Mecánica e Matemáticas
  4. Química
  5. Bioloxía
  6. Ecoloxía e Ciencias da Terra
  7. Xeoloxía
  8. Xeografía
  9. Historia
  10. Filoloxía
  11. Teoloxía
  12. Economía e Relacións internacionais
  13. Xornalismo
  14. Dereito
  15. Estudos orientais
  16. Psicoloxía e Ciencias Sociais
  17. Biblioteconomía (é a única facultad destes estudos en Acerbaixán)[6]

Institutos de investigación editar

  1. Instituto de Investigación Científica de Matemáticas Aplicadas
  2. Instituto de Problemas da Física Teórica

Asociacións editar

A universidade é membro da Caucasus University Association[7] (en galego, Asociación de Universidades do Cáucaso).

Alumnado distinguido editar

Notas editar

  1. "Baku State University". roundranking.com. Consultado o 18-6-2019. 
  2. "Bakı Dövlət Universiteti". bsu.edu.az. Consultado o 18-6-2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "About BSU". bsu.edu.az. Consultado o 18-6-2019. 
  4. "RANKING 2014-2015 POR PAIS". urapcenter.org. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 18-6-2019. 
  5. "İnternational relations of BSU". bsu.edu.az (en inglés). Consultado o 18-6-2019. 
  6. Kniffel, Leonard (xuño 2014). American Library Association, ed. "Building a pipeline to education in Azerbaijan: How library service is burgeoning the oil-rich nation". American Libraries (en inglés) 45 (6): 46–49. ISSN 0002-9769. 
  7. "Kafcasya Üniversiteler Birliği". kunib.com (en turco). Consultado o 18-6-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar