José Manuel Franco

político galego

José Manuel Franco Pardo, nado na Pobra do Brollón o 8 de setembro de 1957, é un político galego, actual presidente do Consello Superior de Deportes desde 2021.

Infotaula de personaJosé Manuel Franco

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
A Pobra do Brollón, España Editar o valor em Wikidata
Delegate of the Government in the Community of Madrid (en) Traducir
12 de febreiro de 2020 –
← María Paz García-Vera (pt) Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados

3 de decembro de 2019 – 11 de febreiro de 2020 – Rafael José Vélez (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Q47499206 Traducir
30 de setembro de 2017 – 6 de maio de 2021
← Sara Hernández Barroso
Deputado na Asemblea de Madrid
9 de xuño de 2015 – 2 de abril de 2019

Deputado na Asemblea de Madrid
7 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015

Deputado na Asemblea de Madrid
12 de xuño de 2007 – 29 de marzo de 2011

Deputado na Asemblea de Madrid
12 de novembro de 2003 – 3 de abril de 2007

Deputado na Asemblea de Madrid
10 de xuño de 2003 – 30 de agosto de 2003

Deputado na Asemblea de Madrid
30 de xuño de 1999 – 1 de abril de 2003

Deputado na Asemblea de Madrid
22 de xuño de 1995 – 20 de abril de 1999

Q61045551 Traducir
1984 – 1986 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: conJoseMFranco Editar o valor em Wikidata

Antes deste cargo, entre 2020 e 2021 foi delegado do goberno na Comunidade de Madrid. Así mesmo, desde setembro de 2017 é secretario xeral do PSOE da Comunidade de Madrid.

Traxectoria editar

É licenciado en Dereito e funcionario de carreira do Ministerio de Defensa. Afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) en 1981.[1] É deputado na Asemblea de Madrid desde 1995, o ano en que o seu partido perdeu o Goberno da Comunidade de Madrid, desempeñando numerosos cargos na cámara madrileña. Así mesmo formou parte da executiva do PSOE de Madrid baixo os liderados de Rafael Simancas e Tomás Gómez Franco. Tras a destitución deste último como secretario xeral en febreiro de 2015, desempeñou as funcións de portavoz do Grupo Socialista na Asemblea de Madrid até as eleccións autonómicas do 24 de maio de 2015, nas que o candidato do PSOE foi Ángel Gabilondo, que obtivo 37 deputados.[2] Desde o 9 de xuño de 2015 é portavoz adxunto do Grupo Socialista na Asemblea de Madrid.[3]

 
Fotografado en 2016 durante unha reunión de Ángel Gabilondo con Emiliano García-Page.

Durante as primarias do PSOE do 21 de maio de 2017, coordinou a campaña de Pedro Sánchez na Comunidade de Madrid, que obtivo a vitoria e volveu á dirección do partido.[4] Nas primarias celebradas o 30 de setembro de 2017 obtivo o 71% dos votos, sendo elixido secretario xeral do PSOE da Comunidade de Madrid.[5]

En 2017 defendeu que nun estado federal resultado dunha posible reforma da constitución, Madrid debía ser unha entidade máis de devandito estado, e que, se tivese que ser nación, «que o sexa dentro do Estado español, non debe asustarnos o nome».[6][7]

Candidato no número 3 da lista do PSOE de cara ás eleccións ao Congreso dos Deputados por Madrid de abril de 2019, resultou elixido deputado.

A comezos de 2020 foi nomeado delegado do Goberno na Comunidade de Madrid, tomando posesión do cargo o 17 de febreiro.[8]

En 2020, a maxistrada do Xulgado de Instrución número 51 de Madrid Carmen Rodríguez-Medel, imputou a José Manuel Franco por un presunto delito de prevaricación por permitir unha manifestación feminista o 8 de marzo en Madrid a pesar dun pretendido incremento do risco de contaxio pola enfermidade da COVID-19. A maxistrada tras practicar dilixencias, arquivou a causa o 12 de xuño tras a falta de evidencias da comisión dun delito, concluíndo que ningunha autoridade sanitaria deu indicacións a José Manuel Franco para limitar as concentracións públicas.[9]

En marzo de 2021 foi cesado como delegado do Goberno e foi nomeado presidente do Consello Superior de Deportes e Secretario de Estado para o Deporte do Goberno de España en substitución de Irene Lozano.[10]

Cargos desempeñados editar

  • Concelleiro do Concello de Monforte de Lemos (1984-1986).
  • Deputado das lexislaturas iv, v, vi, vii, viii, ix e x da Asemblea de Madrid [11] (1995-2019).
  • Portavoz do Grupo Socialista na Asemblea de Madrid (2015).
  • Vicepresidente do Grupo Socialista na Asemblea de Madrid (2015-2019).
  • Secretario xeral do PSOE-M (Desde 2017).
  • Deputado por Madrid no Congreso dos Deputados (2019-2020).
  • Delegado do Goberno na Comunidade de Madrid (desde 2019).

Notas editar

  1. "El monfortino que aspira a liderar el PSOE-M: "Madrid sería una nación en un Estado plurinacional"" (en castelán). 16 de agosto de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  2. "José Manuel Franco sustituirá a Tomás Gómez en la Asamblea de Madrid" (en castelán). 16 de febreiro de 2015. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  3. "Constituido el Grupo Socialista en la Asamblea de Madrid con Gabilondo como portavoz". eldiario.es (en castelán). 10 de xuño de 2015. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  4. "José Manuel Franco, un escudero para dirigir el PSOE de Madrid". ELMUNDO (en castelán). 20 de xuño de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  5. "José Manuel Franco, afín a Pedro Sánchez, arrasa en las primarias del PSOE madrileño con el 71% de los votos - elEconomista.es" (en castelán). 30 de setembro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  6. "El candidato José Manuel Franco dice que Madrid sería una "nación" según el Estado plurinacional que propone el PSOE" (en castelán). 14 de agosto de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  7. "El candidato a liderar el PSOE regional José Manuel Franco dice que Madrid sería una "nación" según el modelo de Estado plurinacional" (en castelán). 14 de agosto de 2017. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  8. "José Manuel Franco, nuevo delegado del Gobierno en Madrid: «Quiero garantizar la libertad de las mujeres»" (en castelán). 17 de febreiro de 2020. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  9. Marraco, Manuel (12 de xuño de 2020). "La juez archiva la causa del 8-M contra el delegado del Gobierno entre reproches por no haber actuado frente al Covid-19". El Mundo. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  10. "Ya es oficial: José Manuel Franco, nuevo presidente del CSD" (en castelán). 30 de marzo de 2021. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  11. "Ilmo. Sr. D. José Manuel Franco Pardo". Asamblea de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 26 de enero de 2018.