Goberno da Comunidade de Madrid

O Goberno da Comunidade de Madrid (oficialmente Gobierno de la Comunidad de Madrid) é o órgano colexiado que dirixe a política da Comunidade de Madrid (España), correspondéndolle as funcións executivas e administrativas, así como o exercicio da potestade regulamentaria en materias non reservadas neste Estatuto á Asemblea de Madrid.

Real Casa de Correos, sede do Goberno.

Ten a súa sede na Real Casa de Correos na Porta do Sol de Madrid e, desde o 25 de xuño de 2015, a Presidenta do Goberno da Comunidade de Madrid é Cristina Cifuentes, do Partido Popular, en substitución de Ignacio González González tras gañar as eleccións autonómicas dese mesmo ano.

Membros editar

O Goberno estará composto polo Presidente, o ou os Vicepresidentes, no seu caso, e os Conselleiros. Os membros do Goberno serán nomeados e cesados polo Presidente.

Para ser Vicepresidente ou Conselleiro non será necesaria a condición de Deputado.

Réxime de incompatibilidades editar

Os membros do Goberno non poderán exercer outras actividades laborais, profesionais ou empresariais que as derivadas do exercicio do seu cargo. O réxime xurídico e administrativo do Goberno e o Estatuto dos seus membros será regulado por Lei da Asemblea.

Responsabilidade editar

O Goberno responde politicamente ante a Asemblea de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada Conselleiro pola súa xestión.

A responsabilidade penal do Presidente de Goberno, Vicepresidentes e dos Conselleiros será exixible ante a Sala do Penal do Tribunal Supremo. No entanto, a dos Vicepresidentes e Conselleiros para os delitos cometidos no ámbito territorial da súa xurisdición será exixible ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

Ante as Salas correspondentes dos mesmos Tribunais, respectivamente, será exixible a responsabilidade civil en que ditas persoas incorresen con ocasión do exercicio dos seus cargos.

Cesamento editar

O Goberno cesa tras a celebración de eleccións á Asemblea, nos casos de perda de confianza parlamentaria e en caso de dimisión, incapacidade ou falecemento do Presidente.

O Goberno cesante continuará en funcións ata a toma de posesión do novo Goberno.

Conselleiros editar

 
Cristina Cifuentes (2015- )

En 2015 constituíuse a X Lexislatura da Asemblea de Madrid, a estrutura do goberno é a seguinte:

  • Presidencia: Cristina Cifuentes. (asume as competencias de Turismo e Cultura)
  • Consellería de Presidencia e Xustiza e Portavoz do Goberno: Ángel Garrido.
  • Consellería de Emprego, Emprego e Facenda: Engracia Hidalgo.
  • Consellería de Medio Ambiente, Administración Local e Ordenación do Territorio: Jaime González Taboada.
  • Consellería de Transportes, Infraestruturas e Vivenda: Pedro Rollán.
  • Consellería de Educación, Xuventude e Deportes: Rafael Van Grieken.
  • Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: Borja Sarasola.
  • Consellería de Sanidade: Jesús Sánchez Martos.
  • Consellería de Políticas Sociais e Familia: Carlos Izquierdo Torres.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar