Jonathan Ke Quan

actor vietnamita

Jonathan Luke Ke Huy Quan (en vietnamita: Quan Kế Huy, nado en Saigón o 7 de agosto de 1971, é un actor estadounidense nado en Vietnam.[1] É coñecido polas súas aparicións nos filmes da década de 1980 Indiana Jones e o templo maldito[2] e Os Goonies.[1]

Infotaula de personaJonathan Ke Quan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Cidade Ho Chi Minh Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAlhambra (pt) Traducir
Woodland Hills (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Vietnam do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California
USC School of Cinematic Arts (en) Traducir
Alhambra High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , taekwondista , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa, Lingua cantonesa, Lingua vietnamita e mandarín Editar o valor em Wikidata
DeporteTaekwondo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0702841 Allocine: 83117 Rottentomatoes: celebrity/ke_huy_quan Allmovie: p58169 0 Metacritic: person/jonathan-ke-quan
Instagram: kehuyquan iTunes: 534453437 Discogs: 977655 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Quan naceu en Saigón, Vietnam do Sur. Foi obrigado a abandonar o seu país cando as Forzas Armadas da República de Vietnam foron derrotadas durante a Caída de Saigón. A súa familia foi escollida para o asilo político e inmigraron ós Estados Unidos. Converteuse en actor infantil, e con 12 anos protagonizou xunto con Harrison Ford o filme Indiana Jones e o templo maldito. Despois de formar parte do elenco, a súa familia cambiou o seu nome a Ke Huy, o nome no que é acreditado no filme.

En 1985, co-protagonizou Os Goonies intepretando a Richard "Data" Wang. En 1986, apareceu no filme xaponés "Passengers" (Norimono) xunto coa cantante Honda Minako. Fixo o papel de Sam na serie de televisión de curta duración Together We Stand (1986–1987) e a Jasper Kwong en Head of the Class entre 1989 e 1991. Tamén protagonizou Breathing Fire (1991) e fixo un cameo en Encino Man (1992). Tamén apareceu no filme chinés Second Time Around a carón de Ekin Cheng e Cecilia Cheung.

Vida persoal editar

Asistiu a Mount Gleason Jr. High en Tujunga, California e a Alhambra High School en Alhambra, California. Despois do instituto, graduouse na Universidade do Sur de California na Escola de Artes Cinematográficas. Posteriormente, asistiu á Universidade de Manchester, no Reino Unido.[3] Fala con fluidez vietnamita, cantonés, mandarín e inglés.

Estudou taekwondo con Philip Tan na rodaxe de Indiana Jones e o templo maldito, e máis tarde con Tao-liang Tan.[4] Traballou como coordinador de especialistas en X-Men[5] e The One como asistente do coreógrafo de loita Corey Yuen.[3]

Filmografía editar

Filme
Ano Título Papel Notas
1984 Indiana Jones e o templo maldito Tapón Young Artist Award
1985 Os Goonies Data Wang
1991 Breathing Fire Charlie Moore
1992 Encino Man Kim
2002 Second Time Around Sing Wong

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar