Harrison Ford

actor e produtor de cine estadounidense

Harrison Ford, nado en Chicago o 13 de xullo de 1942, é un coñecido actor e produtor de cine estadounidense. Acadou fama mundial polos seus papeis protagonistas como Han Solo na serie de películas Star Wars e como o personaxe de Indiana Jones na serie de películas de Indiana Jones. Ford tamén é coñecido polos seus papeis como Rick Deckard na película neo-noir distópica ciencia ficción Blade Runner (1982) e a súa secuela Blade Runner 2049 (2017); John Book no filme de suspense Testemuña única (1985), polo cal foi nomeado para o Óscar ao mellor actor; e Jack Ryan nas películas de acción Xogo de patriotas (1992) e Clear and Present Danger (1994).

Harrison Ford
Nacemento13 de xullo de 1942
LugarSwedish Hospital e Chicago
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo
Educado enRipon College e Maine East High School
PaiChris Ford
NaiDorothy Ford
Cónxuxe(s)Calista Flockhart, Melissa Mathison e Mary Marquardt
FillosBen Ford e Willard Ford
Profesiónactor, produtor de cinema, actor de dobraxe, ecoloxista, carpinteiro e aviador
Na rede
IMDB: nm0000148 Allocine: 472 Rottentomatoes: celebrity/harrison_ford Allmovie: p24238 TCM: 63877 Metacritic: person/harrison-ford TV.com: people/harrison-ford
Discogs: 944863 WikiTree: Ford-4660 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa carreira abarca seis décadas e inclúe papeis en varios éxitos de recadación de Hollywood, incluíndo o filme épico de guerra Apocalypse Now (1979), o drama legal Presumed Innocent (1990), a película de acción O fuxitivo (1993);[1] o suspense de acción política Air Force One (1997); e o suspense psicolóxico "What Lies Beneath" (2000). Sete das súas películas foron incluídas no National Film Registry: American Graffiti (1973), A conversación (1974), A guerra das galaxias (1977), Apocalypse Now (1979), O imperio contraataca (1980), Na busca da arca perdida (1981) e Blade Runner (1982).

Con máis de cinco mil seiscentos millóns de dólares recadados en todo o mundo polas súas películas, Ford é o actor con maiores ingresos en portelo da historia. No Libro Guinness dos Récords de 2001, Ford aparece como o actor masculino máis rico do mundo.[2] Ford está casado coa actriz Calista Flockhart.

Filmografía editar

Filmes e televisión
Ano Título Papel Notas
1966 Dead Heat on a Merry-Go-Round Bellhop
1966 The Long Ride Home
1967 Luv Irate Motorista
1967 A cabalgada dos malditos Tenente Shaffer Nos créditos como Harrison J. Ford
1967 The Virginian Cullen Tindall/Rancheiro xove Episodios: "A Bad Place to Die" e "The Modoc Kid"
1967 Ironside Tom Stowe Episodio: "The Past is Prologue"
1968 Journey to Shiloh Willie Bill Bearden
1968 The Mod Squad Policía de patrulla na praia Episodio: "The Teeth of the Barracuda"
1969 My Friend Tony Episodio: "The Hazing"
1969 The F.B.I. Glen Reverson/Everett Giles Episodios: "Caesar's Wife" e "Scapegoat"
1969 Love, American Style Roger Crane Episodio "Love and the Former Marriage"
1970 Zabriskie Point Operario do aeroporto Sen creditar
1970 Getting Straight Jake
1970 The Intruders Carl Telefilme
1971 Dan August Hewett Episodio: "The Manufactured Man"
1972–1973 Gunsmoke Print/Hobey Episodio: "The Sodbuster" (1972) e "Whelan's Men" (1973)
1973 American Graffiti Bob Falfa
1974 Kung Fu Harrison Episodio: "Crossties"
1974 A conversación Martin Stett
1974 Petrocelli Tom Brannigan Episodio: "Edge of Evil"
1975 Judgment: The Court Martial of Lieutenant William Calley Frank Crowder Telefilme
1976 Dynasty Mark Blackwood Telefilme
1977 The Possessed Paul Winjam Telefilme
1977 A guerra das galaxias Han Solo Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor
1977 Heroes Ken Boyd
1978 Force 10 from Navarone Tenente Coronel Mike Barnsby
1978 The Star Wars Holiday Special Han Solo Telefilme
1979 Apocalypse Now Coronel Lucas
1979 Hanover Street David Halloran
1979 The Frisco Kid Tommy Lillard
1979 More American Graffiti Bob Falfa Sen creditar
1980 O imperio contraataca Han Solo
1981 Na busca da arca perdida Indiana Jones Saturn Award ó mellor actor
1982 Blade Runner Rick Deckard
1983 O retorno do Jedi Han Solo
1984 Indiana Jones e o templo maldito Indiana Jones Nomeado Saturn Award ó mellor actor
1985 Testemuña única Detective Capitán John Book
1986 The Mosquito Coast Allie Fox Nomeado ó Globo de Ouro ó mellor actor
1988 Frenético Doutor Richard Walker
1988 Working Girl Jack Trainer
1989 Indiana Jones e a última cruzada Indiana Jones Nomeado —Saturn Award ó mellor actor
1990 Presumed Innocent Rusty Sabich
1991 Regarding Henry Henry Turner
1992 Xogo de patriotas Jack Ryan (Tom Clancy)
1993 The Young Indiana Jones Chronicles Indiana Jones — con 50 anos Serie de televisión, episodio: "Young Indiana Jones and the Mystery of the Blues"
1993 O fuxitivo Richard Kimble Nomeado —Globo de Ouro ó mellor actor
1994 Clear and Present Danger Jack Ryan
1995 Sabrina Linus Larabee
1997 The Devil's Own Tom O'Meara
1997 Air Force One Presidente James Marshall
1998 Six Days Seven Nights Quinn Harris
1999 Random Hearts Sarxento William 'Dutch' Van Den Broeck
2000 What Lies Beneath Doutor Norman Spencer
2002 K-19: The Widowmaker Alexei Vostrikov
2003 Hollywood, departamento de homicidios Sarxento Joe Gavilan
2004 Water to Wine Jethro o condutor de autobús
2006 Firewall Jack Stanfield
2008 Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull Indiana Jones
2008 Dalai Lama Renaissance Narrador Documental
2009 Crossing Over Max Brogan
2009 Brüno El mesmo Cameo
2010 Extraordinary Measures Doutor Robert Stonehill
2010 Morning Glory Mike Pomeroy
2011 Cowboys & Aliens Coronel Dolarhyde
2013 42 Branch Rickey
2013 Ender's Game Coronel Graff
2014 The Expendables 3 Max Drummer
2015 Star Wars: The Force Awakens Han Solo
2017 Blade Runner 2049 Rick Deckard
2019 Indiana Jones 5 Indiana Jones

Notas editar

  1. "Ford, Harrison". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 926. 
  2. "Harrison Ford Trivia". Internet Movie Database. Consultado o April 23, 2018. 

Véxase tamén editar