Os Goonies (en inglés: The Goonies) é un filme de aventuras dirixido por Richard Donner que se estreou en 1985. O guión foi escrito por Chris Columbus a partir da historia orixinal do seu produtor executivo Steven Spielberg. O filme trata sobre unha banda de preadolescentes que vive no barrio de "Goon Docks" en Astoria, Oregón, que tratan de salvar os seus fogares de seren derrubados. Por casualidade atopan un antigo mapa español que os leva á iniciar a busca do tesouro de Willie o chosco, un lendario pirata do século XVII.

Os Goonies
Ficha técnica
Título orixinalThe Goonies
DirectorRichard Donner
ProdutorRichard Donner
David Weaver
Harvey Bernhard
GuiónChris Columbus
Baseado enIdea orixinal de Steven Spielberg
IntérpretesSean Astin
Josh Brolin
Jeff Cohen
Corey Feldman
Kerri Green
Martha Plimpton
Jonathan Ke Quan
Anne Ramsey
MúsicaDave Grusin
FotografíaNick McLean
MontaxeMichael Kahn
Steven Spielberg
EstudioAmblin Entertainment
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea1985
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Comedia
Orzamento$19 000 000
Recadación$61 389 680
Na rede
http://www.thegoonies.com/
IMDB: tt0089218 Filmaffinity: 128090 Allocine: 1051 Rottentomatoes: m/goonies Mojo: goonies Allmovie: v20368 TCM: 18329 Metacritic: movie/the-goonies TV.com: movies/the-goonies
Facebook: thegooniesmovie Netlix: 60000575Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Mikey é un rapaz de trece anos que vive en Astoria (Oregón) na costa oeste dos Estados Unidos. O seu pai vive preocupado polo embargo do seu fogar para a construción dun campo de golf ó igual que o resto dos fogares do barrio. Mickey, xunto co seu irmán máis vello e os seus amigos, fanse chamar "Os Goonies", e un día de treboada soben a xogar ó faiado da casa, onde o seu pai garda obxectos antigos. Alí atopan un vello mapa do tesouro de "Willie o Chosco", un pirata que desapareceu xunto coa súa tripulación hai moito tempo. Os Goonies deciden saír na procura dese tesouro porque poderían resolver tódolos problemas económicos das súas familias. Para atopalo deberán sortear as trampas dos piratas e dos Fratelli, unha familia de ladróns que tamén anda tralo tesouro.

Personaxes editar

Os Goonies editar

Outros personaxes editar