Jeremy Lamb

baloncestista estadounidense

Jeremy Emmanuel Lamb, nado en Henrico, Virxinia, o 30 de maio de 1992, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Jeremy Lamb
Sacramento Kings – No. 26
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 30 de maio de 1992 (31 anos)
Henrico, Virxinia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Norcross (Norcross, Georgia)
Universidade Connecticut (2010-2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Houston Rockets
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2012–2015)
Tulsa 66ers (2012–2013)
Charlotte Hornets (2015–2019)
Indiana Pacers (2019–2022)
Sacramento Kings (2022–presente)

Traxectoria editar

Lamb foi ó Norcross High School da súa vila natal, onde foi capitán do equipo de baloncesto, e fixo 20 puntos e 6 rebotes por partido, liderando a Norcross ó campionato rexional, ó Elite 8 dos playoffs do Estado, e a unha marca final de 27-3. Tras chamar a atención do adestrador Jim Calhoun, uniuse ós UConn Huskies para a universidade.[1]

Durante o seu primeiro ano en Connecticut, Lamb xogou en todos os partidos. Acadou 11.1 puntos por partido, segundo máximo anotador do equipo tras Kemba Walker.[2] Conseguiu a máxima anotación da súa carreira contra Marquette o 25 de xaneiro de 2011, tras anotar 24 puntos.[3] No torneo da Big East de 2011, Lamb fixo 14.2 puntos e axudou ós Huskies a gañar o torneo, e conseguir a terceira praza para o Torneo da NCAA.

No Torneo da NCAA de 2011, Lamb aumentou a súa anotación ata 16.2 puntos por partido, e igualou a súa máxima anotación con 24 puntos contra San Diego State no Sweet 16, o 24 de marzo de 2011.[3] No partido polo título nacional, anotou 12 puntos e capturou 7 rebotes na vitoria dos Huskies contra Butler por 53-41.

A tempada de 2011-12 foi algo decepcionante para Lamb e para UConn. Malia o gran talento do equipo, non puideron conseguir unha marca positiva de vitorias durante a tempada regular, e foron eliminados na primeira rolda do Torneo da NCAA tras perder contra os Iowa State Cyclones. Tras a tempada de 2012, Lamb declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]

NBA editar

O 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets. O 27 de outubro de 2012, Lamb foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Kevin Martin e varias futuras eleccións do Draft a cambio de Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden.[5]

O 25 de xuño de 2015, Lamb foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Luke Ridnour e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016.[6] O 2 de novembro e 2015, acordou unha extensión de contrato cos Hornets por tres anos e 21 millóns de dólares.[7]

O 7 de xullo de 2019, Lamb asinou cos Indiana Pacers.[8]

O 8 de febreiro de 2022, Lamb foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[9]

Notas editar

  1. "Father of UConn's Jeremy Lamb once beat Jim Calhoun for VCU". USA Today. 2011-04-01. Consultado o 2011-04-05. 
  2. "UConn Huskies Team Stats". ESPN. Consultado o 2011-04-05. 
  3. 3,0 3,1 "Jeremy Lamb Stats". ESPN. Consultado o 2011-04-05. 
  4. "Most Popular E-mail Newsletter". USA Today. 2012-04-10. 
  5. "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  6. "Hornets Acquire Jeremy Lamb from OKC for Ridnour and 2nd Round Pick". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  7. Hornets Sign Guard Jeremy Lamb To Contract Extension
  8. "Pacers Sign Jeremy Lamb". NBA.com. 7 de xullo de 2019. 
  9. "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar