Cole Aldrich

baloncestista estadounidense

Cole David Aldrich, nado o 31 de outubro de 1988 en Burnsville, Minnesota, Minnesota, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Completou o seu ano júnior na Universidade de Kansas en marzo de 2010. Foi seleccionado na 11ª posición do draft da NBA de 2010 polos New Orleans Hornets.

Cole Aldrich
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 31 de outubro de 1988 (35 anos)
Burnsville, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Bloomington Jefferson HS,
Minneapolis, Minnesota
Universidade Kansas (2007–2010)
NBA Draft 2010 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por New Orleans Hornets
Carreira 2010–2018
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2010–2012)
Tulsa 66ers (D-League)( (2010–2011)
Houston Rockets (2012–2013)
Sacramento Kings (2013)
New York Knicks (2013–2015)
Los Angeles Clippers (2015–2016)
Minnesota Timberwolves (2016–2018)
Tianjin Gold Lions (2018)

NBA editar

O 29 de marzo de 2010, Aldrich anunciou que ía entrar no draft da NBA de 2010, e saltarse o ano final de universidade. Foi a 11ª elección no draft, elixido polos New Orleans Hornets, que traspasaron os seus dereitos a noite do draft aos Oklahoma City Thunder. O 6 de agosto de 2010, Aldrich asinou un contrato cos Thunder por 2 anos, con opción a dous anos máis.[1]

O 24 de novembro de 2010, os Thunder enviaron a Aldrich aos Tulsa 66ers da NBA D-League.[2] Foi chamado de volta o 6 de decembro,[3] pero foi outra vez a Tulsa o 30 de decembro de 2010.[4] Foi chamado de volta outra vez o 2 de febreiro de 2011, e asignado aos 66ers por terceira vez o 30 de marzo de 2011.[5]

O 27 de outubro de 2012, Aldrich foi traspasado ós Houston Rockets xunto a James Harden, Daequan Cook e Lazar Hayward a cambio de Kevin Martin, Jeremy Lamb e varias futuras eleccións do Draft.[6]

O 20 de febreiro de 2013, Aldrich foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Patrick Patterson e Toney Douglas a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.[7]

O 24 de setembro de 2013, asinou cos New York Knicks.[8]

Notas editar

  1. Cole Aldrich signs with Thunder
  2. "Thunder Assign Aldrich To Tulsa 66ers". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2011. 
  3. "Thunder Recall Aldrich From D-League". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 17 de maio de 2011. 
  4. "Thunder Assign Aldrich To D-League". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de maio de 2011. 
  5. http://www.usatoday.com/sports/basketball/nba/2011-03-30-3020320363_x.htm
  6. "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012. 
  7. "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  8. "New York Knicks sign center Cole Aldrich". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar