Tyrese Haliburton

baloncestista estadounidense

Tyrese Haliburton, nado o 29 de febreiro de 2000 en Oshkosh, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Tyrese Haliburton
Indiana Pacers – No. 0
Posición Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 29 de febreiro de 2000 (24 anos)
Oshkosh, Wisconsin
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Oshkosh North
(Oshkosh, Wisconsin)
Universidade Iowa State (2018–2020)
NBA Draft 2020 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2020
Historial de equipos
Sacramento Kings (2020–2022)
Indiana Pacers (2022–presente)

Traxectoria editar

Haliburton foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Sacramento Kings.[1] O 27 de novembro de 2020, Haliburton asinou cos Kings.[2] O 23 de decembro de 2020, Haliburton debutou na NBA na vitoria dos Kings por 124–122 contra os Denver Nuggets, facendo 12 puntos e 4 asistencias.[3]

O 8 de febreiro de 2022, Haliburton foi traspasado xunto a Buddy Hield e Tristan Thompson ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[4]

Notas editar

  1. "Kings Select Tyrese Haliburton in the First Round of the 2020 NBA Draft". NBA.com. 18 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. "Kings Sign Tyrese Haliburton". NBA.com. 27 de novembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020. 
  3. "Hield tip-in leads Kings to 124–122 overtime win in Denver". ESPN.com. 23 de decembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  4. "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar