Igrexa de Santiago de Pezós

construción relixiosa en Pezós, Asturias

A Igrexa de Santiago de Pezós é a igrexa parroquial de Pezós, orixinalmente románica, como denota a ábsida; a súa bóveda está decorada con pinturas sobre a vida de Cristo. Ademais da ábsida, a igrexa componse dunha portada do século XV, unha capela lateral do XVII e outra fronte a ela do XIX. O edificio está construído con lousa revocada, reforzada nos recantos e ocos con perpiaños de pedra, e presenta tamén o teito de lousa.

Igrexa de Santiago de Pezós
Igrexa de Santiago de Pezós.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónPezós
Coordenadas43°15′27″N 6°52′34″O / 43.2575, -6.8761111111111Coordenadas: 43°15′27″N 6°52′34″O / 43.2575, -6.8761111111111
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseArquidiocese de Oviedo
Arquitectura
ConstruciónXII
EstiloRománico
Igrexa de Santiago de Pezós en Asturias
Igrexa de Santiago de Pezós
Igrexa de Santiago de Pezós
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A igrexa probablemente remóntase ao século XIII, ao se construír a ábsida da igrexa. Nos séculos XV, XVII e XIX sufriu sucesivas reformas e ampliacións.

Morfoloxía editar

A planta da igrexa semella unha cruz grega no interior, e o exterior ten forma cuadrangular. Os seus muros son de cachotería de lousa con reforzo nos recantos e ocos con perpiaños. O teito da nave principal é de dúas augas mentres que a das capelas é de tres.

A capela lateral situada ao norte, construída en 1638, está anexa á nave principal, éntrase nela por un arco de medio punto cuberto por unha bóveda de aresta nervada. Diante está a capela sur con teito plano.

O templo aloxa diversas tallas, unha pía bautismal, retablos do século XVIII e pinturas murais do século XV. Salienta o retablo da capela Villaamil Illano, obra de 1638 que se atribúe ao escultor da Mariña luguesa Pedro Sánchez de Agrela[1]. Na portada occidental aparece o distintivo xacobeo da vieira o que ilustra a existencia de camiños secundarios ou alteracións no Camiño de Santiago[2].

Notas editar

  1. Fernández Fernández, Pelayo (2017). "El escultor Juan de Castro, contemporáneo y émulo de Francisco de Moure en la zona suroccidental de Asturias durante el primer tercio del siglo XVII". Quintana: revista de estudios do Departamento de Historia da Arte (16): 239–262. 
  2. Álvarez Martínez, María Soledad (1993). "El Camino de Santiago y el Románico en Asturias". En Cid Priego, Carlos. Las artes en los caminos de Santiago. Universidade de Oviedo. p. 31.