Historia do feminismo

A historia do feminismo implica a historia do movemento feminista e de pensadoras feministas. De acordo coa data, cultura e país, feministas ó redor do mundo tiveron, por veces, distintas causas e obxectivos. A maioría das historiadoras feministas occidentais defenden que todos os movementos que traballan pola obtención dos dereitos da muller deben ser considerados movementos feministas, aínda que non usen o termo para identificarse.[1][2][3][4][5][6][7] Outros historiadores defenden que o termo deba ser restrinxido ós movementos feministas modernos e os seus descendentes. Estes historiadores utilizan o termo protofeminismo para describir movementos máis antigos.[8]

A historia dos movementos feministas modernos en occidente está dividida en tres “ondas”.[9][10] Cada unha é descrita como preocupada con distintos aspectos dos mesmos temas feministas. A primeira onda refírese ó movemento dende o século XIX até o comezo do século XX, que lidou maioritariamente co sufraxio das mulleres, dereitos laboristas e educativos para mulleres e nenas. A segunda onda (década de 60-80) lidaba coa desigualdade das leis, ben como as desigualdades culturais, e co papel da muller na sociedade. A terceira onda (finais da década de 1980-comezos da década de 2000) é vista tanto como unha continuación da segunda onda e como unha resposta ás eivas nela entendidas.[11]

Notas editar

  1. Spender, Dale. There's always been a women's movement. Pandora Press, Londres 1983
  2. Lerner, Gerda. The Creation of Feminist Consciousness From the Middle Ages to Eighteen-seventy, Oxford University Press, 1993
  3. Walters, Margaret. "Feminism: A very short introduction". Oxford University 2005 (ISBN 0-19-280510-X)
  4. Kinnaird, Joan.Mary Astell: Inspired by ideas (1668-1731) em Spender, op. cit. at 29
  5. Witt, Charlotte. Feminist History of Philosophy 2006 (Stanford Encyclopedia of Philosophy)
  6. "Allen, Ann Taylor. Feminism, Social Science, and the Meanings of Modernity: The Debate on the Origin of the Family in Europe and the United States, 1860–1914. The American Historical Review 1999 October 104(4)". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2018. 
  7. Woolf, Virginia A room of one's own. 1928
  8. Botting, Eileen H, Houser, Sarah L., '"Drawing the Line of Equality": Hannah Mather Crocker on Women's Rights' in American Political Science Review (2006), 100: 265-278
  9. Humm, Maggie. 1995. The Dictionary of Feminist Theory. Columbus: Ohio State University Press, p. 251
  10. Walker, Rebecca, 'Becoming the Third Wave' in Ms. (xaneiro/febreiro de 1992) pp. 39-41
  11. Krolokke, Charlotte e Anne Scott Sorensen, "From Suffragettes to Grrls" in Gender Communication Theories and Analyses:From Silence to Performance (Sage, 2005)