Virginia Woolf

escritora e ensaísta británica

Adeline Virginia Stephen, coñecida como Virginia Woolf, nada en Londres o 25 de xaneiro de 1882[1] e finada en Rodemell o 28 de marzo de 1941, foi unha escritora e ensaísta británica de renome.

Virginia Woolf
Nome completoAdeline Virginia Stephen
Nacemento25 de xaneiro de 1882
Lugar de nacementoHyde Park Gate e Londres
Falecemento28 de marzo de 1941
Lugar de falecementoLewes
SoterradaMonk's House
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Relixiónateísmo
Alma máterKing's College de Londres
Ocupaciónnovelista, ensaísta, autobiógrafa, escritora de contos, autora de diarios, crítica literaria, editora, escritora, activista polos dereitos das mulleres e autora
PaiLeslie Stephen
NaiJulia Prinsep Stephen
CónxuxeLeonard Woolf
IrmánsVanessa Bell, Thoby Stephen, Adrian Stephen, George Herbert Duckworth, Stella Duckworth, Gerald Duckworth e Laura Stephen
Coñecida porCara ó faro, A señora Dalloway, Orlando, Un cuarto de seu e The Waves
Na rede
IMDB: nm0941173 Bitraga: 466 Dialnet: 2031882 Spotify: 6BW96bn7aMQW9idufxJGF9 iTunes: 2776443 Last fm: Virginia+Woolf Musicbrainz: b6349539-7ff8-4ed1-b53a-5988ba6e1b66 Discogs: 1716551 IMSLP: Category:Woolf,_Virginia Allmusic: mn0000685000 WikiTree: Stephen-525 Find a Grave: 3486 Deezer: 1640183 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Vida persoal editar

Filla de sir Leslie Stephen, distinguido crítico e historiador,[1] Virginia Woolf creceu nun ambiente frecuentado por literatos, artistas e intelectuais. Tralo falecemento do seu pai, en 1905, estableceuse coa súa irmá Vanessa (pintora que casaría co crítico Clive Bell) e os seus dous irmáns no barrio londiniense de Bloomsbury, que se converteu en centro de reunión de antigos compañeiros universitarios do seu irmán máis vello, entre os que figuraban intelectuais do talle do escritor E. M. Forster, o economista John Maynard Keynes e os filósofos Bertrand Russell e Ludwig Wittgenstein, e que sería coñecido como o grupo ou círculo de Bloomsbury. En 1912, cando contaba trinta anos, casou con Leonard Woolf, economista e membro tamén do grupo, con quen fundou en 1917 a soada editorial Hogarth Press, que editou a obra da propia Virginia e a doutros relevantes escritores, como Katherine Mansfield, T. S. Eliot ou Sigmund Freud.

Novelística editar

As súas primeiras novelas, Viaxe de ida e Noite e día, poñen xa de manifesto a intención da escritora de romper os moldes narrativos herdados da novelística inglesa anterior, en especial a subordinación de personaxes e accións ao argumento xeral da novela, así como as descricións de ambientes e personaxes tradicionais; con todo, estes primeiros títulos apenas mereceron consideración por parte da crítica. Só trala publicación de A señora de Dalloway e Ao faro os críticos comezaron a eloxiar a súa orixinalidade literaria. Nestas obras chaman xa a atención a mestría técnica e o afán experimental da autora, quen introducía ademais na prosa novelística un estilo e unhas imaxes ata entón máis propios da poesía. Desaparecidas a acción e a intriga, as súas narracións esfórzanse por captar a vida cambiante e inasible da conciencia. Influída pola filosofía de Henri Bergson, Woolf experimentou con especial interese co tempo narrativo, tanto no seu aspecto individual, no fluxo de variacións na conciencia do personaxe, como na súa relación co tempo histórico e colectivo. Así, Orlando constitúe unha fantasía libre, baseada nalgunhas pasaxes da vida de Vita Sackville-West, amiga e tamén escritora, en que a protagonista vive cinco séculos da historia inglesa. En As ondas presenta o «fluxo de conciencia» de seis personaxes distintos, é dicir, a corrente preconsciente de ideas tal como aparece na mente, a diferenza do lóxico e ben trabado monólogo tradicional. Escribiu así mesmo unha serie de ensaios que viraban en torno da condición da muller, nos que destacou a construción social da identidade feminina e reivindicou o papel da muller escritora, como n'Un cuarto de seu. Destacou á súa vez como crítica literaria, e foi autora de dúas biografías: unha divertida recreación da vida dos Browning a través dos ollos do seu can (Flush) e outra sobre o crítico R. Fry (Fry). Nun dos accesos dunha enfermidade mental que obrigara a ingresala en varias ocasións ao longo da súa vida, o 28 de marzo de 1941 desapareceu da súa casa de campo, ata que días despois o seu corpo foi achado no río Ouse, no que se supón foi un suicidio, xa que se guindara ao río cun abrigo cargado de pedras.

Obra editar

Varias das obras de Virginia Woolf foron xa traducidas ao galego.

Ademais, foron traducidos ao galego os relatos Retrato dunha londiniense (Portrait of a Londoner), A marca na parede (The Mark on the Wall), Kew Gardens, Unha novela non escrita (An Unwritten Novel) e A muller no espello: un reflexo (The Lady in the Looking-Glass), publicadas en De espellos, trens e outros velenos, traducidos, prologados e anotados por Begoña R. Outeiro (Ir Indo: 2006)[2].

Obras da crítica galega editar

Filmografía editar

  • The Hours, 2002. Director: Stephen Daldry. Tres historias de tres mulleres en diferentes épocas entramadas a partir da novela do mesmo nome do autor Michael Cunningham, inspirada na obra de Woolf Mrs Dalloway.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 López, Alberto (2018-01-26). "Virginia Woolf, la escritora premonitoria inagotable". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-06-27. 
  2. Ficha do libro Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Ir Indo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar