Henrique

nome masculino

Henrique é un nome propio masculino de orixe xermana na súa variante galega-portuguesa. O seu feminino é Henriqueta. O nome procede do alemán Heinrich, de haim (morada, casa, patria) e rich (xefe, amo ,líder), polo que significa Amo da casa ou Xefe da patria.

Henrique VIII Tudor
Rei de Inglaterra e Irlanda
por Hans Holbein o Novo

Trátase dun nome moi popular por mor do seu uso habitual nas tradicións das casas reais, polo que hai moitas personalidades chamadas de Henrique. 

Santoral editar

13 de xullo: Santo Henrique, (Henrique II), emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

27 de xaneiro: Santo Henrique d'Ossó i Cervelló, sacerdote catalán, fundador da Compañía de Santa Tareixa de Xesús.

Variantes editar

  • Existe a variante Henzo derivada de Heinz (diminutivo do alemán Heinrich).
  • Feminino: Henriqueta.

Variantes noutras linguas editar

Variantes noutras linguas
Castelán Enrique
Asturiano Aique
Árabe هنريك ou إنريكي (Inrīkī ou Hinrīk)
Alemán Heinrich, Heinz
Aragonés Henrique
Bretón Herri
Catalán Enric
Checo Jindřich
Croata Henrik
Danés Henrik
Escocés Eanraig
Eslovaco Henrich
Esloveno Henrik
Esperanto Henriko
Éuscaro Endika, Henrike
Finlandés Henrik, Henri
Francés Henri
Galés Harri
Galego Henrique
Xeorxiano ჰაინრიხ (Hainrix)
Grego Ερρίκος (Erríkos)
Holandés Hendrik, Henricus
Húngaro Henrik
Inglés Henry
Irlandés Anraí
Islandés Hinrik
Italiano Enrico
Latín Henricus
Letón Heinrihs
Lituano Henrikas
Maltés Enriku
Noruegués Henrik
Polaco Henryk
Portugués Henrique
Romanés Henric
Ruso Генрих (Genrih)
Sardo Enrìcu
Serbio Хенрик (Henrik)
Siciliano Arricu
Sueco Henrik
Ucraíno Генріх (Genrih)

Personaxes ilustres editar

Emperador Romano-xermánico editar

  • Henrique I (876-936), chamado Henrique o Paxariñeiro, Duque de Saxonia (912- ?) e rei da Xermania (919-936).
  • Henrique II.
  • Henrique III, 1039–1056.
  • Henrique IV, 1056–1106.
  • Henrique V, 1106–1125.
  • Henrique VI, 1190–1197.
  • Henrique VII, 1308–1313.

Baviera editar

  • Henrique III, duque de Baviera (982-985).

Bélxica editar

  • Henrique I (1174-1216), Henrique de Flandres e de Hainaut. Rexente do Imperio Latino (1205-1206), despois emperador do devandito Imperio (1206-1216).

Borgoña editar

  • Henrique I de Borgoña (~944-1002) (Eudes-Henri ou Otton-Henri, segundo as fontes), chamado Henrique o Grande, duque de Borgoña (965-1002).

Castela editar

Chipre editar

  • Henrique I de Chipre (1217-1253), Henrique de Lusiñán, Rei de Chipre (1218-1253).

Escocia editar

  • Henrique I rei de Escocia (1565–1567).

España editar

  • Mestre Enrique, arquitecto e escultor gótico (século XIII).
  • Henrique Almaraz e Santos, bispo de Palencia (1893-1907).
  • Henrique de Peralta e Cárdenas, bispo de Palencia (1659-1665).

Francia editar

Outros editar

  • Henrique de Orleáns (duque de Aumale) (1822 - 1897).
  • Henrique, conde de París, coñecido como Henrique VI (1940-1999).
  • Henrique, conde de París, duque de Francia, coñecido como Henrique VII (1999). Nado en 1933.
  • Henrique VI (de Francia e de Navarra), de 1941 a 1975 é tamén o nome dado polos lexitimistas franceses a Xaime de Borbón e Battenberg (1908–1975), segundo dos descendentes do rei Afonso XIII.

Haití editar

  • Henrique I de Haití, primeiro rei autoproclamado de Haití.

Inglaterra editar

Luxemburgo editar

Navarra editar

  • Enrique I de Navarra (finado en 1274), chamado Henrique o Groso, Rei de Navarra (1270-1274), conde de Meaux (1270-1274) e de Champaña (como Henrique III) (1270-1274).
  • Henrique II de Navarra
  • Henrique III de Navarra, dende 1589 foi ademais Rei de Francia como Henrique IV.

Polonia editar

  • Henrique de Sandomierz, duque de Sandomierz (1146-1166).
  • Henrique I o Barbudo, duque de Wrocław (1201-1238) e duque de Cracovia (1232-1238).
  • Henrique I de Polonia, (1551-1589), máis coñecido como Henrique III de Francia. Rei de Polonia (1573-1574), e despois Rei de Francia (como Henrique III) (1574-1589).
  • Henrique II o Piadoso, Duque de Cracovia, de Silesia e da Gran Polonia.
  • Henrique III, duque de Głogów (1273/1274-1309) e duque da Gran Polonia (1306-1309).
  • Henrique III, duque de Wrocław (1248-1266).
  • Henrique V, duque de Legnica (1278-1296) e duque de Wrocław (1290-1296).

Portugal editar

Notas editar