Henrique VII de Inglaterra

Henrique VII de Inglaterra, nado o 28 de xaneiro de 1457 e finado o 21 de abril de 1509, foi rei de Inglaterra e señor de Irlanda desde o 22 de agosto de 1485 ata a súa morte, fundou a Casa de Tudor.

Henrique VII de Inglaterra
Rei de Inglaterra
Retrato de Henrique, sostendo unha rosa de Lancaster e portando o colar do Vélaro de ouro, por Michael Sittow

Reinado22 de agosto de 148521 de abril de 1509
Coroación30 de outubro de 1485
Nacemento28 de xaneiro de 1457
Castelo de Pembroke, Gales Gales
Falecemento21 de abril de 1509
Palacio Richmond, Londres, Inglaterra Inglaterra
SepulturaAbadía de Westminster, Londres
PredecesorRicardo III
SucesorHenrique VIII
ConsorteIsabel de York
Descendencia
  • Casa realCasa de Tudor
    ProxenitoresEdmundo Tudor
    Margarida Beaufort

    Escudo de Henrique VII de Inglaterra
    Na rede
    Discogs: 5618177 WikiTree: Tudor-18 Find a Grave: 1963 Editar o valor em Wikidata

    Nacemento: conexións familiares e dereito ao trono editar

    Henrique Tudor naceu no castelo de Pembroke, en Gales, fillo de Edmundo Tudor e de Margarida Beaufort. Edmundo Tudor, fillo do matrimonio entre o galés Owen ap Tudur (Owen Tudor) e Catarina de Valois víuva do rei Henrique V. Edmundo foi apresado por membros da casa de York durante as guerras das Dúas Rosas, finando un par de meses antes do nacemento de Henrique, o 1 de novembro de 1456. Margarida Beaufort era a neta de Xoán Beaufort, medio-irmán de Henrique IV de Inglaterra.[1].

    Se ben Henrique era, por parte da súa nai, descendente do rei de Inglaterra, neste caso a ascendencia era ilexítima: Xoán Beaufort era fillo natural, e aínda que posteriormente declarado lexítimo durante o reinado de Ricardo II, tras o matrimonio dos seus pais, unha lei decretada por Henrique IV impedía o acceso dos Beaufort ao trono inglés.

    A loita polo trono editar

    Debido á persecución da Casa de York, a familia de Henrique pronto abandonou Gales pola Bretaña, onde foron acollidos polo duque da Bretaña, Francisco II. Na Bretaña creceu e educou como un dos candidatos da Casa de Lancaster ao trono ocupado nese momento pola Casa de York.

    No 1483 abandonou a Bretaña para unirse á rebelión do seu curmán Henrique Stafford, duque de Buckingham contra Ricardo III; porén, a vitoria deste último forzou a Henrique a huir precipitadamente a Bretaña, buscando de novo o amparo do duque. Francisco intentando asociarlle ao ducado ofreceu a Henrique VII comprometerse coa súa filla Ana da Bretaña para obter unha alianza, poder de Gran Bretaña, pero o matrimonio non lle interesaba. En 1485, tras recibir apoio financeiro do duque, e habéndose asegurado un certo apoio galés, Henrique empezou unha nova rebelión ao desembarcar de novo en Gales; Ricardo III saíu ao seu encontro pero debido a traizón de certos nobres, o seu exército foi incapaz de gañar a batalla de Bosworth, onde o propio Ricardo loitou con valentía e finou o 22 de agosto de 1485.

    Trala batalla de Bosworth, Henrique converteuse en rei de Inglaterra co nome de Henrique VII e acabou coas guerras das Dúas Rosas.

    Descendencia editar

    Morte do rei editar

    Traxicamente, Henrique sufriu primeiro a morte de Arturv, o seu fillo máis vello e herdeiro e ao ano seguinte a da súa dona Isabel de York, por complicacións no parto da súa filla Catarina que tamén finou inmediatamente. Henrique nunca se recuperou desta dor, finando no palacio de Richmond, o 21 de abril de 1509. Foi enterrado na abadía de Westminster, e o seu fillo Henrique VIII sucedeuno pacificamente no trono.

    Predecesor:
    Ricardo III
    Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda
     

    1485 - 1509
    Sucesor:
    Henrique VIII

    Notas editar

    1. Caroline Rogers and Roger Turvey, Henry VII, London: Hodder Murray, 2005

    Véxase tamén editar