Henrique IV de Castela

Henrique IV, nado en Valladolid o 25 de xaneiro de 1425 e finado en Madrid o 11 de decembro de 1474, foi rei de Castela e de León entre 1454 e 1474, coñecido vulgarmente como Henrique o Impotente.

Henrique IV de Castela
Rei de Castela e León

Reinado22 de xullo de 1454-11 de decembro de 1474
Outros títulosPríncipe de Asturias (1425-1454)
Nacemento5 de xaneiro de 1425
Valladolid, Castela
Falecemento11 de decembro de 1474 (49 anos)
Madrid, Castela
SepulturaMosteiro de Guadalupe
PredecesorXoán II
SucesorIsabel I de Castela
Consorte
  • DescendenciaXoana a Beltranexa
    Casa realCasa de Trastámara
    ProxenitoresXoán II
    María de Aragón

    Escudo de Henrique IV de Castela
    Na rede
    WikiTree: Trastámara-20 Find a Grave: 156057660 Editar o valor em Wikidata
    Henrique IV de Castela e León

    Traxectoria editar

    Fillo de Xoán II de Castela e de María de Aragón, e medio irmán de Isabel a Católica, naceu na desaparecida Casa das Aldabas da rúa Teresa Gil de Valladolid.

    Á idade de 15 anos casa coa infanta Branca de Navarra, filla de Branca I de Navarra e de Xoán II de Aragón, da cal non tivo descendencia. En 1453, e segundo se conta despois de comprobar que Henrique IV non tivera ningunha relación coa súa esposa, o Papa Nicolao V anulou o matrimonio.

    En 1455 casou en segundas nupcias con Xoana de Portugal. Da unión naceu unha filla, Xoana, lexítima herdeira ao trono, mais a ambición da irmá do rei Isabel polo poder fixo que fora acusada de ser filla ilexítima de Xoana de Portugal con Beltrán de la Cueva; de aí o alcume de Xoana a Beltranexa. Na súa época chamábanlle Henrique "O Impotente", por non consumar, supostamente, os seus matrimonios, mais hoxe en día hai quen opina que isto se debía á súa homosexualidade, e que mantiña relacións cos seus favoritos homes sen ningunha dificultade.

     
    Henrique IV

    Henrique IV no seu reinado quixo restabelecer a paz entre a monarquía e os nobres, relación que seu pai deixara ben revolta. Perdooulles aos nobres, pediulles o seu regreso e entregoulles as terras e todos os bens que foran confiscados. A pesar de todas estas melloras, lonxe de agradecer o xesto, os levantamentos da nobreza foron constantes, segundo eles debido ao poder e ao desastre económico ao que os conducía o rei.

    Asediado polas revoltas e as exixencias dos nobres, Henrique IV tivo que asinar un tratado polo que nomeaba o seu irmán Afonso lexítimo herdeiro. Tras a morte deste en accidente, Henrique asina coa súa media irmá Isabel o Tratado dos Touros de Guisando, segundo o cal a nomea herdeira, deixando a súa filla Xoana fóra da sucesión, a cambio dalgunhas cuestións, entre as cales está que Isabel non casaría sen a aprobación do rei.

    En 1469, o rei, ante o matrimonio secreto entre a súa irmá Isabel e Fernando de Aragón, celebrado en Valladolid, considerou violado o tratado e proclamou a súa filla Xoana como herdeira ao trono, xurando publicamente que era filla lexítima. Á súa morte, acaecida en 1474, comezou unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, que se decidiu o 1 de marzo de 1475 na batalla de Toro. En 1479 terminou a guerra quedando Isabel I como raíña de Castela.

    Henrique IV xace enterrado no panteón real do Mosteiro de Guadalupe.

    Henrique IV de Castela
    Nacemento: 5 de xaneiro 1425 Falecemento: 11 de decembro 1474


    Títulos Reais
    Precedido por
    Xoán II


    Rei de Castela, Toledo, Galiza, León,
    Sevilla, Murcia, Córdoba, Xaén e Alxeciras

    1425-1474
    Sucedido  por
    Isabel "a Católica"
    Outros títulos Nobiliarios
    Precedido por
    Príncipe Xoán


    Príncipe de Asturias
    1425-1454
    Sucedido  por
    Princesa Xoana
    Precedido por
    Xoán II de Aragón


    Conde de Barcelona
    durante a Guerra
    Civil Catalá

    1462-1463
    Sucedido  por
    Pedro "o Condestable"