Francesc Layret

político español

Francesc Layret i Foix (Barcelona, 10 de xullo de 1880 - 30 de novembro de 1920) foi un político e avogado de ideoloxía nacionalista catalá.

Infotaula de personaFrancesc Layret

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1880 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 1920 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Deputado das Cortes
16 de xuño de 1919 – 2 de outubro de 1920
← Francesc Llonch i Cañameras (en) TraducirLluís Companys →
Circunscrición electoral: Sabadell
Concelleiro de Barcelona
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónLiceu Poliglot (pt) Traducir
Universidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado laboralista , xurista , columnista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Republicana
Republican Nationalist Federal Union (en) Traducir
Nationalist Republican Center (en) Traducir
Catalan Republican Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEduard Layret i Foix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lápida de Francesc Layret no cemiterio de Montjuïc.

Traxectoria editar

Fillo de familia acomodada, tivo que utilizar durante toda a súa vida muletas ó verse afectado na súa infancia por unha parálise. Compartiu aulas con Lluís Companys no Liceo Poliglot. Máis tarde cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Barcelona.

En 1902 participou na fundación do Ateneu Enciclopèdic Popular, do que foi presidente en 1906, e na da Associació Escolar Republicana. En 1905 ingresou en Unió Republicana, partido polo que foi elixido concelleiro de Barcelona. Participou no departamento de Facenda do consistorio e foi un dos promotores en 1908 dos orzamentos de Cultura que dotaban á cidade de escolas municipais nos que o ensino se impartiría en catalán.

Participou en Solidaritat Catalana e, xunto con algúns disidentes da Lliga Regionalista, fundou en 1906 o Centre Nacionalista Republicà, unido posteriormente á Unión Federal Nacionalista Republicana. En 1917 foi un dos impulsores do Partit Republicà Català. O órgano de expresión do partido era o xornal La Lucha, fundado por Layret en 1916. O xornal caracterizábase polas súas campañas a prol do republicanismo e o nacionalismo. En 1919 foi elixido Deputado a Cortes por Sabadell.

En 1920 o gobernador civil de Barcelona, Martínez Anido, realizou unha masiva detención de sindicalistas, nacionalistas e republicanos, entre os que se encontraban Lluís Companys, Salvador Seguí e Martí Barrera. No momento en que Layret abandonaba o seu domicilio para interesarse polos detidos, foi asasinado por pistoleiros brancos do Sindicato Libre, a patronal catalá. Organizouse unha folga en protesta pola morte de Layret, e o seu funeral converteuse nun acto político. Os asasinos de Layret nunca foron detidos.

Bibliografía editar

  • Ferran Aisa. Ateneu Enciclopèdic Popular (1902-1999). Una història de Barcelona. ISBN 84-931045-0-7

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar