Sabadell

concello da provincia de Barcelona

Sabadell[1] (en catalán pronunciado [səβəˈðeʎ]) é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.

Modelo:Xeografía políticaSabadell
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°32′54″N 2°06′27″L / 41.5483, 2.1075Coordenadas: 41°32′54″N 2°06′27″L / 41.5483, 2.1075
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalSabadell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación218.300 (2023) Editar o valor em Wikidata (5.775,13 hab./km²)
Número de fogares144 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
DioceseRoman Catholic Diocese of Terrassa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie37,8 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Ripoll e riu Sec (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude190 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Arraona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1800 a. C. Editar o valor em Wikidata
Santo padrónFiz de Xirona Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoAjuntament de Sabadell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMarta Farrés (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoPlenary Session of the Town Council of Sabadell (en) Traducir , (Escano: 27) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08200–08208 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico93 Editar o valor em Wikidata
Código INE08187 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT081878 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Matagalpa (pt) Traducir (1989–)
El Argoub (en) Traducir (1989–)
Saraxevo (1995–) Editar o valor em Wikidata

Páxina websabadell.cat Editar o valor em Wikidata
Parque de Cataluña.

Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.

Xeografía editar

Sabadell está sita a uns 20,6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.

Historia editar

A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico arredor do sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.

Demografía editar

A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.

Gráfica de evolución demográfica de Sabadell[2] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Entidades editar

Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:

  • Sabadell.
  • San Nicolau.
  • La Salut.
  • Berard.
  • Togores.

Edificios e obras salientables editar

  • Casa da Vila.
  • Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
  • Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
  • Sede da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
  • Torre de l'Aigua.

Localidades irmandadas editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sabadellenco.
  2. Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar