Solidaritat Catalana

movemento unitario de grupos e partidos catalanistas

A Solidaritat Catalana, existente entre 1906 e 1909, foi un movemento unitario de grupos e partidos catalanistas xurdido a raíz da Lei de xurisdicións de marzo de 1906.

Solidaritat Catalana
Tipocoalición política
IdeoloxíaCatalanismo
Data de fundación1906
Data de disolución1909
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

O proxecto de lei de xurisdicións que poñía so competencia militar calquera ofensa ó exército ou á unidade da patria española axuntou os partidos e políticos cataláns nunha fronte común que recibiu o nome de Solidaritat Catalana. O manifesto da Solidaritat Catalana que se publicou o mesmo día que se aprobaba a lei, chamaba os cataláns a recibiren os deputados de Cataluña que viñan de Madrid para homenaxealos e manifestaren o rexeitamento popular á lei.

A campaña electoral das eleccións xerais de 1907 celebráronse no medio dun clima altamente violento que acabou cun atentado en Hostafrancs (Barcelona) contra Francesc Cambó da Lliga Regionalista e contra Nicolás Salmerón da Unión Republicana. A vitoria da Solidaritat foi total conseguindo 41 dos 44 escanos que había en xogo. O triunfo de Solidaritat que agrupaba a todos os partidos cataláns con excepción dos lerrouxistas e socialistas puxo fin ó caciquismo en Cataluña e permitiu que Enric Prat de la Riba presidise a Deputación de Barcelona.

A fronte formada por rexionalistas, republicanos, carlistas, federais e nacionalistas de esquerdas, sufriu os seus altos e baixos ata desaparecer cos sucesos da Semana Tráxica (1909). As diferenzas e desavinzas eran tan grandes entre os grupos que a compoñían que nas eleccións anticipadas de 1908 serán lerrouxistas os que se imporán á liga solidaria. Nas eleccións provinciais de 1909 irán xa por separado.

Na estela do triunfo electoral da Solidaritat Catalana, no verán de 1907 crearase en Galicia unha formación agraria e rexionalista baixo o nome de Solidaridad Gallega.

As dúas figuras máis representativas da Solidaritat Catalana foron Francesc Cambó (1876-1947) e Enric Prat de la Riba (1870-1917). Prat de la Riba en "La nacionalitat catalana" (A nacionalidade catalá) publicado en 1906 defende a constitución dun Estado catalán dentro dunha Federación española. Foi o artífice da Mancomunidade de Cataluña en 1914, a primeira reunificación catalá desde a división provincial de Javier de Burgos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar