Escandio

elemento químico con símbolo Sc e número atómico 21

O escandio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Sc e número atómico 21.

Escandio
-
 
 
21
Sc
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Sc
Y

CalcioEscandioTitanio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Escandio
Información xeral
Nome, símbolo, número Escandio, Sc, 21
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 3, 4, d
Densidade 2985 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia branco prateado
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 44,955908(5)[1] u
Raio medio 160 pm
Raio atómico (calc) 184 pm
Raio covalente 144 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Ar]3d1 4s²
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación 3 (base débil)
Óxido
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1814 K
Punto de ebulición 3103 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 314,2 kJ/mol
Entalpía de fusión 14,1 kJ/mol
Presión de vapor 22,1
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,36
Calor específica 568 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 1,77 S/m
Condutividade térmica 15,8 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 633,1 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1235,0 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 2388,6 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 7090,6 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
45Sc100%estable con 24 neutróns
46ScSint.83,79 díasβ-2,36746Ti
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais editar

É un metal brando, moi lixeiro, resistente ao ataque do ácido nítrico e fluorhídrico, de cor prateada deslustra exposto ao aire adoptando unha cor lixeiramente rosada. O seu estado de oxidación máis común é 3 e as súas sales son incoloras. As súas propiedades son máis parecidas ás do itrio e os lantánidos que ás do titanio, polo que adoita incluírse con frecuencia entre as terras raras.

Aplicacións editar

O óxido de escandio (Sc2O3) utilízase en luces de alta intensidade e engadindo ioduro de escandio nas lámpadas de vapor de mercurio conséguese unha luz solar artificial de moi alta calidade. O isótopo radioactivo Sc-46 úsase coma trazador para o petróleo, e o metal ten aplicación na industria aeroespacial dado que presenta un punto de fusión moi superior ao do aluminio.

Historia editar

O escandio (do latín scandĭum, e este de Scandi, Escandinavia) foi descuberto por Lars Fredrick Nilson en 1879 en Suecia (e aí o seu nome)[2] mentres traballaba co seu equipo na procura de terras raras mediante análises espectrais de euxenita e gadolinita. Para illar o elemento procesou 10 kg de euxenita con outros residuos de terras raras logrando aproximadamente 2 gramos de óxido de escandio de gran pureza.

En 1869 Dmitri Mendeleiev predixo, baseándose nas leis periódicas, que este metal debía ter propiedades similares ás do boro, polo que chamou ao elemento aínda por descubrir ekaboro (símbolo Eb). Aproximadamente na mesma época que Nilson, Per Theodor Cleve descubriu o óxido de escandio e confirmou que se trataba do ekaboro.

En 1937 illouse por vez primeira o metal por electrólise dunha solución eutéctica de potasio, litio e cloruros de escandio a 700-800 °C, empregando coma eléctrodos un filamento de volframio e un baño de cinc líquido nun crisol de grafito. A primeira libra de escandio do 99% de pureza fabricouse en 1960.

Abundancia e obtención editar

As únicas fontes concentradas coñecidas do metal, que non se atopa en estado nativo, son minerais pouco abundantes de Escandinavia e Madagascar como euxenita, gadolinita e thortveitita.

É máis abundante no sol e estrelas similares que na Terra, onde se atopa moi repartido aparecendo trazas do metal en máis de 800 minerais. A cor azul da augamariña, variedade do berilo, crese que se debe á presenza de escandio e aparece entre os residuos da volframita trala extracción do volframio.

A thortveitita é a principal mena de escandio sendo outra fonte importante os residuos da extracción do uranio onde se obtén como subproduto. O metal obtense industrialmente por redución do fluoruro de escandio con calcio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar