Punto de ebulición

temperatura á que un líquido se transforma en vapor

O punto de ebulición é a temperatura á cal un elemento ou composto químico pasa do estado líquido ao estado gasoso, nunhas condicións de presión determinadas. Se o proceso é á inversa chámase punto de condensación.

Puntos de fusión en azul e puntos de ebulición en rosa dos primeiros oito ácidos carboxílicos (en °C).
Auga fervendo.

A temperatura dunha substancia ou corpo é unha medida da enerxía cinética das moléculas. A temperaturas inferiores ao punto de ebulición, só unha pequena fracción das moléculas na superficie ten enerxía suficiente para romper a tensión superficial e escapar.

Cando se chega ao punto de ebulición a maioría das moléculas é quen de escaparen desde tódalas partes do corpo, non só da superficie. Porén, para a creación de burbullas en todo o volume do líquido necesítanse imperfeccións ou movemento, precisamente polo fenómeno da tensión superficial.

A temperatura mantense constante durante todo o proceso de ebulición, e a achega de máis enerxía só produce o aumento do número de moléculas que foxen do líquido en forma de gas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.