Emir Sulejmanović
Emir Sulejmanović, nado o 13 de xullo de 1995 en Žepa, República Serbia (Bosnia e Hercegovina) é un xogador profesional de baloncesto internacional bosníaco con pasaporte finlandés que xoga no Surne Bilbao Basket da Liga ACB. Formado na canteira do Kaarina Ura e da Union Olimpija, cunha altura de 2,05 metros xoga na posición ala-pivote.
Surne Bilbao Basket – No. 12 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1995 (28 anos) Žepa, Bosnia e H. |
Nacionalidade | Bosnia e H. / Finlandia |
Altura | 2,05 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Canteira | Kaarina Ura KK Union Olimpija (2011–2013) |
Internacional | Bosnia e Hercegovina |
Carreira | 2011−presente |
Historial de equipos | |
KK Union Olimpija (2011–2013) FC Barcelona (2013–2016) → FC Barcelona B (2013–2016) → Orlandina Basket (2015) KK Cibona (2016–2017) Fuenlabrada (2017–2019) → Breogán (2017–2019) Bilbao Basket (2019–2020) CB Canarias (2020–2022) Bilbao Basket (2022–presente) |
Traxectoria editar
Emir Sulejmanović naceu o 13 de xullo de 1995 durante o Masacre de Srebrenica nas fragas arredor de Žepa, localidade situada ao suroeste da propia Srebrenica. A súa familia, ao igual que miles de bosníacos, tivo que escapar de Žepa debido á ofensiva do Exército da República Serbia na área. Así, en 1997 migrou a Finlandia coa súa familia, morando primeiro en Jyväskylä e, desde o ano 2000, en Kaarina. Nesta última localidade Sulejmanović formouse como xogador de baloncesto júnior no Kaarina Ura. No ano 2011 asina pola academia júnior da KK Union Olimpija, asinando un contrato por catro anos, chegando ao primeiro equipo un ano despois. Debutou en Euroliga en decembro de 2012 ante o Real Madrid. En xullo de 2013 asina polo FC Barcelona, aínda que xoga principalmente para o filial do equipo barcelonés. En abril de 2015 é cedido á Orlandina Basket da Serie A italiana. Tras tres anos en Barcelona, o 4 de agosto de 2016 asina polo KK Cibona croata, onde xoga na A-1 Liga, na Liga do Adriático e na FIBA Europe Cup. Tras acabar a temporada asina por dous ano co Montakit Fuenlabrada, saíndo cedido ao CB Breogán nos dous anos. Após finalizar a súa etapa no club lucense, Sulejmanović asina polo Bilbao Basket, onde permanece unha temporada. En 2020 asina polo Lenovo Tenerife, onde permanece até 2022, ano no que regresa a Bilbao.
Clubs editar
- KK Union Olimpija (1. SKL / ABA Liga, 2011−2013)
- FC Barcelona B (LEB, 2013−2016)
- Orlandina Basket (Serie A, 2015)
- KK Cibona (A-1 / ABA Liga, 2016−2017)
- Fuenlabrada (ACB, 2017−2019)
- Breogán (LEB / ACB, 2017−2019)
- Bilbao Basket (ACB, 2019−2020)
- Canarias (ACB, 2020−2022)
- Bilbao Basket (ACB, 2022−presente)
Internacional editar
Sulejmanović xogou para as seleccións finlandesas sub-16 e sub-20. Porén, a nivel sénior xoga para a selección de Bosnia e Hercegovina.
Palmarés editar
- Copa de Eslovenia (1): 2013
- Liga LEB (1): 2018
- Copa Princesa (1): 2018
Notas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en acb.com (en castelán)
- Perfil en feb.es (en castelán)