A Liga Española de Baloncesto, tamén coñecida como LEB Ouro (en castelán: LEB Oro), é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a segunda división do baloncesto español, sendo a categoría inmediatamente inferior á Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na temporada 1996−97.[1] Desde a fundación da categoría, dezoito equipos conseguiron o títulos, sendo os máis laureados o Breogán de Lugo e o Murcia con tres trofeos cada un. Actualmente, a liga consta de 18 equipos, promocionando os dous mellores de cada temporada á ACB: o campións da temporada regular e o vencedor dun playoff que disputan os equipos clasificados entre o segundo e o noveno lugar. Por outra banda, os equipos peor clasificados descenden á LEB Prata.

LEB Ouro
Foto dun partido de LEB en Manresa.
Fundación1996
PaísEspaña España
Outros clubs deAndorra Andorra
ConfederaciónFIBA Europa
Equipos18
CopaCopa Princesa
AscensoACB
DescensoLEB Prata
Actual campiónGranada (1º título)
Máis laureadoBreogán
Murcia (3 títulos)
TelevisiónFEB TV
OrganizadorFederación Española
Sitio webleboro.es

Formato editar

Cada equipo de cada categoría xoga contra tódolos demais equipos da súa división en dúas ocasións, unha vez na súa casa e o outro no estadio do opoñente. Isto tradúcese en que na fase regular da LEB Ouro cada equipo xogue 34 encontros. As dúas metades da tempada xóganse na mesma orde, é dicir, a orde da primeira metade accesorios de cada equipo repítese na segunda metade da tempada, coa única diferenza das canchas onde se xogan os encontros. Cada vitoria suma un partido gañado ao equipo na clasificación da liga.

Ao final da liga o campión é o equipo que máis partidos gañou durante a fase regular. Este equipo consegue o ascenso automático á Liga ACB. Os equipos que ocupan as prazas que van desde o segundo posto até o noveno xogan unha rolda de play-offs para decidir o outro equipo que ascende á máxima categoría. Estas eliminatorias compóñense de dúas fases. A primeira é unha eliminatoria de cuartos de final, na que se enfrontan o segundo clasificado contra o noveno, o terceiro contra o oitavo, o cuarto contra o sétimo e o quinto contra o sexto, tendo vantaxe de campo o equipo mellor clasificado. Os vencedores destas eliminatorias dispútanse a outra praza de ascenso á Liga ACB nunha Final a Catro a partido único celebrada nunha única sede. Por outra banda, o último clasificado descende á LEB Prata, así como o perdedor do play-off pola permanencia que xogan o penúltimo e o antepenúltimo.[2]

Equipos editar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da LEB Ouro.[3]

Localización dos equipos da LEB Ouro 2021–22
Equipo Cidade Comunidade / País Pavillón Capacidade
Acunsa Gipuzkoa Donostia   País Vasco Illunbe
11.000
Alimerka Oviedo Baloncesto Oviedo   Asturias Pumarín
1.138
Bueno Arenas Albacete Bakset Albacete   Castela-A Mancha Pabellón del Parque
800
Cáceres P. de la Humanidad Cáceres   Estremadura Multiusos Ciudad de Cáceres
5.850
CB Almansa con Afanion Almansa   Castela-A Mancha Polideportivo de Almansa
1.500
Club Ourense Baloncesto Ourense   Galiza Pazo Paco Paz
5.000
Grupo Alega Cantabria CBT Torrelavega   Cantabria Pabellón Vicente Trueba
2.688
Hereda San Pablo Burgos Burgos   Castela e León Coliseum Burgos
9.352
HLA Alicante Alacant   Comunidade Valenciana Pedro Ferrándiz
5.425
ICG Força Lleida Lleida   Cataluña Pavelló Barris Nord
6.100
Juaristi ISB Azpeitia   País Vasco Polideportivo Municipal
900
Leyma Coruña A Coruña   Galiza Riazor
4.425
Melilla Sport Capital CMB Melilla   Melilla Ciudad de Melilla
2.900
MoraBanc Andorra Andorra la Vella   Andorra Poliesportiu d'Andorra
5.005
Movistar Estudiantes Madrid   Comunidade de Madrid WiZink Center
17.453
TAU Castelló Castelló de la Plana   Comunidade Valenciana Ciutat de Castelló
3.000
UEMC Real Valladolid Valladolid   Castela e León Polideportivo Pisuerga
6.300
Zunder Palencia Palencia   Castela e León Pavillón Municipal
5.000

Historia editar

Nomes editar

Ao longo dos anos, o campionato da LEB foi mudando o seu nome debido a diferentes acordos de patrocinio. A seguinte é unha lista das denominacións oficiais do compionato:

Período Nome
1996–2006 LEB
2006–2007 Adecco LEB
2007–2015 Adecco Oro
2015− LEB Oro

Resultados editar

Ano Campión Subcampión MVP Adestrador do campión
1996–97 CB Ciudad de Huelva Caja Cantabria   Bob Harstad   Sergio Valdeolmillos
1997–98 Murcia Artel Baloncesto Fuenlabrada   Tony Smith   Felipe Coello
1998–99 Breogán Universidade Cabitel Gijón   Eric Cuthrell   Paco García
1999–00 CB Lucentum Alicante Club Ourense Baloncesto   Joe Bunn   Andreu Casadevall
2000–01 Caprabo Lleida CB Granada   Michael Wilson   Edu Torres
2001–02 CB Lucentum Alicante Minorisa.net Manresa   Lawrence Lewis   Julio Lamas
2002–03 Etosa Murcia Unelco Tenerife   Jaime Peterson   Felipe Coello
2003–04 Bilbao Basket CB Granada   Aaron Swinson   Txus Vidorreta
2004–05 Baloncesto Fuenlabrada IBB Hoteles Menorca   Ricardo Guillén   Luis Casimiro
2005–06 Bruesa GBC Polaris World Murcia   Thomas Terrell   Porfirio Fisac
2006–07 Ricoh Manresa Climalia León   Ricardo Guillén   Jaume Ponsarnau
2007–08 Basket CAI Zaragoza Bruesa GBC   Andy Panko   Curro Segura
2008–09 CB Valladolid CB Lucentum Alicante   Jakim Donaldson   Porfirio Fisac
2009–10 Basket CAI Zaragoza ViveMenorca   Jakim Donaldson   José Luis Abós
2010–11 CB Murcia Blu:sens Monbús   Ricardo Guillén   Luis Guil
2011–12 Iberostar Canarias Menorca Bàsquet   Jakim Donaldson   Alejandro Martínez
2012–13 Ford Burgos CB Lucentum Alicante   Ondřej Starosta   Andreu Casadevall
2013–14 River Andorra MoraBanc Ford Burgos   Jordi Trias   Joan Peñarroya
2014–15 Ford Burgos Club Ourense Baloncesto   Ricardo Guillén   Andreu Casadevall
2015–16 Quesos Cerrato Palencia Club Melilla Baloncesto   Óliver Arteaga   Porfirio Fisac /   Sergio García
2016–17 RETAbet.es GBC San Pablo Inmobiliaria Burgos   Jordi Trias   Porfirio Fisac
2017–18 Cafés Candelas Breogán ICL Manresa   Jordi Trias   Natxo Lezkano
2018–19 Real Betis Energía Plus RETAbet Bilbao Basket   Tyson Pérez   Curro Segura
2019–20 Temporada suspendida a medias debido á pandemia de COVID-19
2020–21 Río Breogán Covirán Granada   Kevin Larsen   Diego Epifanio
2021–22 Covirán Granada Bàsquet Girona   Marc Gasol   Pablo Pin

A segunda división antes da LEB editar

Antes de 1996, os equipos ascendian á Liga ACB desde outras competicións de segunda división. O número de equipos que ascendidos varían cada ano.

Palmarés editar

Por equipo editar

Club Campión Segundo Promoción Anos campión
UCAM Murcia CB 3 1 4 1997–98, 2002–03, 2010–11
CB Breogán 3 0 3 1998–99, 2017–18, 2020–21
CB Lucentum Alicante 2 2 4 1999–00, 2001–02
Gipuzkoa Basket 2 1 4 2005–06, 2016–17
Basket Zaragoza 2 0 2 2007–08, 2009–10
Bàsquet Manresa 1 2 3 2006–07
Baloncesto Fuenlabrada 1 1 2 2004–05
CB Tizona 1 1 2 2014–15
Bilbao Basket 1 1 2 2003–04
Fundación CB Granada 1 1 0 2021−22
CB Ciudad de Huelva 1 0 1 1996–97
CE Lleida Bàsquet 1 0 1 2000–01
CB Valladolid 1 0 1 2008–09
CB 1939 Canarias 1 0 1 2011–12
CB Atapuerca 1 0 1 2012–13
BC Andorra 1 0 1 2013–14
Palencia Baloncesto 1 0 1 2015–16
Real Betis Baloncesto 1 0 1 2018–19
Menorca Bàsquet 0 3 3
CB Granada 0 2 2
Club Ourense Baloncesto 0 2 2
Cantabria Baloncesto 0 1 1
Gijón Baloncesto 0 1 1
Tenerife CB 0 1 1
Baloncesto León 0 1 1
Obradoiro CAB 0 1 1
Club Melilla Baloncesto 0 1 1
CB Miraflores 0 1 1
Bàsquet Girona 0 1 1

Notas editar

  1. J., Ramón (18 de abril de 2020). "Historia de los ascensos a ACB (1996-97): Huelva respiró baloncesto y alcanzó la Liga ACB" [Historia dos ascensos á ACB: Huelva viviu o baloncesto e acadou a Liga ACB]. lucentumblogging.com (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  2. "La Liga LEB Oro 2021/22 ya tiene su hoja de ruta" [A Liga LEB Ouro 2021−22 xa ten itinerario]. leboro.es (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021. 
  3. "Equipos". leboro.es (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar