Ein deutsches Requiem
Ein deutsches Requiem, Op. 45 (en galego Un Requiem alemán) é unha grande obra de Johannes Brahms para orquestra, coro e solistas, composta entre 1865 e 1868. Está composta de sete partes e ten unha duración de entre 65 e 80 minutos, o que a converten na obra máis longa do compositor alemán. Ein deutsches Requiem é unha obra sacra, mais non litúrxica, e a diferenza da longa tradición de Réquiems escritos en latín, Ein deutsches Requiem está escrito en lingua alemá.
Historia editar
No seu propio catálogo, Brahms indica unha única etapa de composición do seu Requiem: «Verán de 1866, Zuric e Baden-Baden»[1]. Non obstante, a xénese da obra foi longa, prolongándose dende 1854 ata 1868.
A nai de Brahms morreu en febreiro de 1865, unha perda que provocou nel moita dor e ben puido ter inspirado Ein deutsches Requiem. Os prolongados sentimentos despois da morte de Robert Schumann en xullo de 1856 puideron ser tamén motivacións, aínda que a súa reticencia sobre estes feitos faino incerto.[2]
A súa idea orixinal era a dunha obra de seis movementos; de acordo cos seus lugares eventuais na versión final, estes eran os movementos 1–4 e 6–7.[3] A finais de abril de 1865, Brahms rematara xa o primeiro, segundo e cuarto movementos. O segundo movemento empregaba algo de material musical abandonado que escribira en 1854, o ano do colapso mental e intento de suicidio de Schumann, e o traslado de Brahms a Düsseldorf para axudar a Clara Schumann e os seus fillos pequenos.[2]
Brahms rematou toda a obra agás o que agora é a quinta parte en agosto de 1866.[4] Johann Herbeck dirixiu os tres primeiros movementos en Viena o 1 de decembro de 1867. Esta estrea parcial foi mal dibido a un malentendido coa puntuación da partitura de timbal. As seccións marcadas como pf foron tocadas como f ou ff, afogando ao resto da orquestra na sección fugada do terceiro movemento.[5] A primeira interpretación dos seis movementos foi estreada na Catedral de Bremen seis meses despois no Venres Santo, o 10 de abril de 1868, baixo a dirección do propio compositor e con Julius Stockhausen como barítono solista.[4] A interpretación foi un grande éxito e marcou un punto de inflexión na súa carreira.[2]
En maio de 1868 Brahms compuxo un movemento adicional, que se convertería no quinto movemento na versión final. O novo movemento, que foi escrito para soprano solista e coro, foi cantado por primeira vez o 12 de setembro de 1868 en Zürich por Ida Suter-Weber, baixo a batuta de Friedrich Hegar á fronte da Tonhalle Orchester Zürich. A versión final de sete movementos de Ein deutsches Requiem foi estreada en Leipzig o 18 de febreiro de 1869 pola Gewandhausorchester Leipzig e coro, dirixidos por Carl Reinecke e con Emilie Bellingrath-Wagner e Franz Krükl como solistas.[4] Posteriormente interpretouse por toda Europa, e Brahms comezou a ser considerado como un compositor de importancia.[6]
A partitura foi publicada por Rieter-Biedermann en Leipzig en novembro de 1868.[1]
Características editar
Trátase dun híbrido entre a cantata e o oratorio, onde a sensibilidade está moi próxima á misericordia, a compaixón e o optimismo,[7] o que a afasta do réquiem no sentido litúrxico, así como da Misa de defuntos ou dunha intencionalidade sacra. Neste sentido, Brahms afástase da tradición católica, e se sitúa na órbita das ensinanzas do luteranismo ao seleccionar textos bíblicos que eluden referencias á vida eterna, ao xuízo final ou a un Deus castigador.
Instrumentación editar
Ademais da utilización de coro e soprano e barítono solistas, a partitura de Brahms require da utilización de:
Instrumentación de Ein deutsches Requiem |
Madeiras |
2 frautas, piccolo, 2 óboes,2 clarinetes, 2 fagots e contrafagot (contrafagot ad libitum). |
Metais |
4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns e tuba. |
Percusión |
Timbais. |
Cordas |
16 violíns primeiros, 16 violíns segundos, 12 violas, 12 violonchelos e 8 contrabaixos
arpa (unha parte, preferiblemente dobrada) |
Teclado |
Órgano |
Partes editar
Gravacións de The Holden Consort Orchestra and Choir.
Título | Solo | Tonalidade | Tempo | Compás | Fonte | Tradución |
---|---|---|---|---|---|---|
I | ||||||
Selig sind, die da Leid tragen | Fa Maior | Ziemlich langsam und mit Ausdruck (Moi lento e expresivo) |
Matthew 5:4 | Benaventurados os que soportan o sufrimento | ||
Die mit Tränen säen, werden mit Freuden ernten | D-flat major | Psalm 126:5–6 | Os que sementaron con bágoas, con alegría segarán | |||
Selig sind, die da Leid tragen | Fa Maior | Benaventurados os que soportan o sufrimento | ||||
II | ||||||
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras | Si bemol menor | Langsam, marschmäßig (Lento, como unha marcha) | 3/4 | 1 Peter 1:24 | Para toda carne, é como a herba | |
So seid nun geduldig | Sol bemol Maior | Etwas bewegter (Un pouco máis movido) | James 5:7 | Así ser paciente | ||
Denn alles Fleisch, es ist wie Gras | Si bemol menor | Tempo I | Para toda carne, é como a herba | |||
Aber des Herrn Wort bleibet in Ewigkeit | Si bemol Maior | Un poco sostenuto | 1 Peter 1:25 | Mais a palabra do Señor permanece para sempre | ||
Die Erlöseten des Herrn werden wiederkommen | Allegro non troppo | Isaiah 35:10 | Os rescatados do Señor volverán | |||
Freude, ewige Freude | Tranquillo | Alegría, eterna alegría | ||||
III | ||||||
Herr, lehre doch mich | Bar | Re menor | Andante moderato | Psalm 39:4 | Señor, esíname | |
Ach, wie gar nichts | Bar | 3/2 | Psalm 39:5–6 | Ah, como en balde | ||
Ich hoffe auf dich | Re Maior | Psalm 39:7 | A iña esperanza está en ti | |||
Der Gerechten Seelen sind in Gottes Hand | 4/2 | Wis 3:1 | As almas dos xustos están na man de Deus | |||
IV | ||||||
Wie lieblich sind deine Wohnungen | Mi bemol Maior | Mäßig bewegt (Moderadamente movido) | 3/4 | Psalm 84:1,2,4 | Que bonitas son as túas moradas | |
V | ||||||
Ihr habt nun Traurigkeit | Sop | Sol Maior | Langsam (Lento) | John 16:22 | Agora tes tristeza | |
Ich will euch trösten | Isaiah 66:13 | Eu vos consolarei | ||||
Sehet mich an | Sop | Si bemol Maior | Sirach 51:27 | Mírame | ||
Ich will euch trösten | Eu vos consolarei | |||||
Ihr habt nun Traurigkeit | Sop | Agora tes tristeza | ||||
Ich will euch trösten | Sol Maior | Eu vos consolarei | ||||
VI | ||||||
Denn wir haben hie keine bleibende Statt | Dó menor | Andante | Hebrews 13:14 | Porque aquí non temos un lugar duradeiro | ||
Siehe, ich sage euch ein Geheimnis | Bar | Fa díese menor | 1 Cor 15:51–52 | Velaquí, dígovos un misterio | ||
Denn es wird die Posaune schallen | Dó menor | Vivace | 3/4 | 1 Cor 15:52 | Porque a trompeta (literalmente trombón) soará | |
Dann wird erfüllet werden | Bar | 1 Cor 15:54 | Entón será cumprido | |||
Der Tod ist verschlungen in den Sieg | 1 Cor 15:54–55 | A morte ten sido devorada na vitoria | ||||
Herr, du bist würdig | Dó maior | Allegro | 4/2 | Rev 4:11 | Señor, ti es digno | |
VII | ||||||
Selig sind die Toten | F major | Feierlich (Solemne) | Rev 14:13 | Benaventurados os mortos | ||
Ja, der Geist spricht, daß sie ruhen | A major | Si, o espírito di que eles descansan | ||||
Selig sind die Toten | F major | Benaventurados os mortos |
Gravacións editar
Gravacións doutras versións editar
- 2010 Coviello Classics: Simon Halsey (director), Rundfunkchor Berlin (versión para piano a catro mans de Johannes Brahms nun arranxo para coro e solistas), Marlis Petersen (soprano), Konrad Jarnot (barítono), Philip Mayers e Phillip Moll (piano)
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Guide de la musique sacrée et chorale profane — de 1750 à nos jours, sld. François-René Tranchefort, Fayard, 1993, páxs. 113-120
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Steinberg, 69. GoogleBooks partial preview Retrieved 1 September 2011.
- ↑ McCorkle, Margot L (1990). Bozarth, George S, ed. Brahms Studies: Analytical and Historical Perspectives. Oxford: Clarendon. pp. 306–307. ISBN 0-19-311922-6.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Steinberg, 68
- ↑ Thuleen, N. "Ein deutsches Requiem: (Mis)conceptions of the Mass." Retrieved 1 September 2011.
- ↑ Cf. Roberto L. Pájares Alonso, Historia de la música en 6 bloques. Bloque 1. Músicos y contexto, Aebius, Madrid, s.f., páx. 351.
- ↑ Cf. José Carlos Carmona, «Más allá del sonido y la muerte», en VV.AA., Símbolos estéticos, Universidad de Sevilla, 2001, páx. 143.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ein deutsches Requiem |
Ligazóns externas editar
- Notas, discografía e libreto (alemán / castelán) en Kareol
- Ein deutsches Requiem coa Orquestra Sinfónica de Galicia e os Coros da OSG e a Generalitat Valenciana baixo a dirección de Jesús López Cobos (en YouTube)