Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:

Dereito romano, como feito histórico pasado, é o conxunto de normas e razoamentos xurídicos creados polos romanos desde a súa fundación (21 de abril do ano -753) ata a obra codificadora do emperador Xustiniano I (o coñecido desde o Renacemento como Corpus Iuris Civilis).

Definición editar

Conxunto de normas penais, recoñecidas polas autoridades romanas, desde a fundación de roma o 21 de abril do 753; ata a caída do imperio romano de Occidente no 476 d.C. e en Oriente recoñecido polas autoridades bizantinas ata o ano 1453 pola caída de Constantinopla en mans dos turcos.

Eugène Petit define ao dereito romano como

O conxunto de principios de dereito que rexeron a sociedade romana, nas diversas épocas da súa existencia, desde a súa orixe ata a morte do emperador Xustiniano.

Daniel Antokoletz dános dous conceptos de Dereito romano:

  1. Sentido amplo (lato sensu). É o conxunto de normas xurídicas positivas e consuetudinarias que rexeron a Roma e territorios baixo a súa dominación, desde os tempos primitivos ata a morte do Emperador Xustiniano I no século VI da era cristiá.
  2. Sentido restrinxido (stricto sensu). O dereito romano é o contido da obra lexislativa de Justiniano I, coñecida co nome de Corpus Iuris Civilis.

Antecedentes editar

Na época republicana editar

O nacemento do dereito romano débese entre outras causas á división existente na sociedade romana entre patricios e plebeos, no entanto antes do ano -451--450, non coñecemos un sistema unificado para a península, é por iso que debemos remontarnos a Grecia, berce da civilización occidental, onde estaba presente o período ático, ou do dereito grego ático, de onde podemos presumir foron permeadas algunhas disposicións presentes na Lei das XII Táboas.

Agora ben, as tradicións legais romanas estaban en mans dos patricios e todos os asuntos relacionados co que nós coñecemos como dereito recaían sobre o Pontifex Maximus, evidentemente patricio, coñecéndose como dereito pontifical. Os plebeos descoñecían como ían ser xulgados exactamente e normalmente os patricios aplicaban a tradición pontifical segundo conviña aos seus intereses. Por iso, unha das reclamacións plebeas, a imaxe do que ocorrera nas cidades do arcaísmo grego, solicitaron a codificación da tradición en forma de leis. Para iso, o Senado acordou enviar unha comisión a Grecia para informarse sobre as leis das cidades, e despois decidiuse a abolición das maxistraturas patricias e do tribunado da plebe, entregando o poder a unha comisión de decenviros, que debían codificar as leis romanas nun período dun ano. Esta comisión elaborou X táboas de leis bastante xustas e, xa que logo, favorables aos plebeos, pero, ao non estar terminado o traballo, nomeouse unha segunda comisión decenviral, moito máis conservadora, que elaborou as dúas últimas táboas, con leis netamente antiplebeas, que, por exemplo, prohibían os matrimonios mixtos. Esta comisión intentou perpetuarse no poder, pero foi deposta e o sistema de maxistraturas empezou a funcionar de novo. O resultado foi o primeiro corpo legal coñecido e estruturado, chamado Lei das XII Táboas, do ano -451, e que foron expostas publicamente no Foro Romano.

No ano -367, as Leges Liciniae-Sextiae culminaron o proceso de igualación entre patricios e plebeos, permitindo o acceso progresivo destes últimos ás maxistraturas e sacerdocios, aínda que o primeiro Pontifex Maximus plebeo tivo que esperar máis dun século.

A compilación lexislativa foise realizando de forma acumulativa a través dos Edictos do Pretor. A partir da Lei das XII Táboas, os Pretores asumiron a función xurisdicional, e para poder tipificar novos casos emitían ao comezo do seu mandato un Edicto no que indicaban que era punible, no que asumían como propios os edictos de pretores anteriores, e corrixían ou abolían as disposicións recibidas.

Ao principio os pretores eran só dous, un o Praetor Vrbanus dedicábase a xulgar os asuntos nos que participasen cidadáns romanos, mentres que o outro, o Praetor Peregrinus, atendía os casos nos que exclusivamente interviñesen non cidadáns. Os casos tratados eran bastante variados, pero a maioría derivaban de asuntos comerciais. Así, as relacións comerciais obrigaron á creación do precedente do chamada dereito contractual, un dereito ultro citroque obligatio (que obriga a ambas as partes), a partir do cal nace o chamado Ius Gentium ou Dereito de Xentes.

O sistema legal romano foi complicándose cada vez máis, xa que os Tribunos da Plebe a través dos Comitia Tributa elaboraban Plebiscitos sobre os máis variados asuntos, políticos, económicos, xurisdicionais, mentres que o Senado, a través das resolucións chamadas Senatus Consultum creaba xurisprudencia.

Na época imperial editar

Coa chegada do Imperio, os emperadores asumiron a función dos Tribunos da Plebe co exercicio da Tribunicia Potestas, o que lles permitiu lexislar a través dos Edictos e Constitucións imperiais. Pola súa banda, os gobernadores provinciais posuían poderes xurisdicionais e podían emitir leis propias para as súas provincias, pero que podían ser recorridas polos provinciais ante o Senado e/ou o Emperador.

O resultado de todo este conxunto de disposicións foi un enorme e confuso aparello de leis de diferentes rangos, moitas veces contraditorias, o que fixo necesaria a aparición da figura dos xurisconsultos (ou Xuristas), que trataban de simplificar o conxunto legal e formar doutrina xurídica, que puidese aplicarse tamén aos novos casos. Entre eles destacan Ulpiano, Papiniano, Modestino, Gaio e Paulo.

O primeiro intento de sistematizar totalmente o dereito débese ao emperador oriental Teodosio II, sucesor de Arcadio, baixo o seu patrocinio elaborouse o Codex Theodosianus, que á súa vez serviu como base para a creación de dereito nos novos reinos xermánicos que sucederon ao Imperio Romano en occidente, xa que este código foi recoñecido como fonte de dereito polo emperador Honorio, tío de Teodosio II. Directo herdeiro do Codex Theodosianus é o Breviarum Alarici ou Lex Romana Visigothorum, elaborada polo rei visigodo Alarico II.

Con todo, o número de disposicións legais e de casos non contemplados polo Codex Theodosianus era elevado, polo que o emperador Xustiniano patrocinou a recompilación de todas as disposicións no Corpus Iuris Civilis, que consta das Institutiones ou principios xerais de dereito, do Digesto ou colección de opinións xurídicas de xurisconsultos herdadas do pasado para a consulta de xuíces e maxistrados na resolución de casos, do Codex Iustinianus ou recompilación de leis en vigor desde tempos Republicanos ata a redacción do Corpus legal de Xustiniano, e as Novellae, xa en grego, que recollen as leis emitidas en Bizancio a partir de Xustiniano.

Na época imperial editar

O monarca visigodo Recesvinto impulsou unha nova compilación que substituíse ao Breviario de Alarico, dando lugar ao Liber Iudiciorum que nos seguintes reinados foi recibindo engadidos. Esta compilación foi recuperada a partir do século IX polo Reino de León e converteuse na base do dereito hispánico ata as Sete Partidas de Afonso X O Sabio.

Evolución no Dereito Romano editar

Etapas da Época Clásica

a) Primeira Etapa Clásica, do 130 ao 30 a. de J.C. algúns chaman preclásica a esta etapa.
b) Etapa Clásica, alta ou central, do 30 a. de J.C. ao 130 d. de J.C.
  • Dereito Posclásico do 230 ao 527 d. de J.C.

Etapas do Dereito Posclásico

a) Etapa Diocleciana, do 230 ao 330.
b) Etapa Constantiniana, do 330 ao 430.
c) Etapa Teodosiana, do 430 ao 527.
  • Dereito Xustiananeo, desde 527, coa ascensión de Xustiniano ao solio imperial.

Posclásico editar

Denomínase Dereito romano posclásico ao período da historia do Dereito romano que comprende desde a primeira metade do século III ata a recompilación ordenada por Xustiniano, que concide co período político romano do Dominado ou Baixo Imperio (ascensión ao poder de Diocleciano en 284 d.C., ata a morte de Xustiniano en 565).

Influencia e importancia editar

O Dereito Romano considérase un excelente medio de educación xurídica. Os grandes xurisconsultos romanos, principalmente da época clásica (entre o -130 e o 230) brilaron pola súa capacidade creadora de novas institucións, co seu plasmado pragmático sobre o edicto pretorio, buscando sempre a consecución do ideal de xustiza procedente da filosofía grega do suum cuique tribuere (dar a cada un o seu). Leibnitz comparábaos cos matemáticos que aplicaban os seus principios como fórmulas alxébricas.

Así mesmo, o Dereito Romano é indispensable para comprender a historia e literatura romanas, xa que os cidadáns romanos estaban iniciados para a práctica do Dereito e tiñan unha inclinación natural cara ao seu estudo.

O dereito romano é a base e inspiración do dereito civil e dereito mercantil en moitos países:

O Dereito privado do noso tempo ten o seu antecedente remoto neste dereito, onde se orixinaron case todas as institucións existentes na actualidade. En Occidente, a estrutura do dereito civil aínda responde a directivas e criterios do dereito romano, con maior intensidade nos relacionados coa regulación dos dereitos patrimoniais, en especial as obrigacións.

Non sucede o mesmo co dereito de familia, onde a influencia romana é moito menor, sendo substituída por algunhas valoracións indicadas pola Igrexa Católica. Tamén posúe pouca influencia nas ramas do dereito privado como o dereito mercantil, e practicamente non inflúe no dereito penal nin nas demais ramas do dereito público.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar