Alarico II foi o rei dos visigodos desde o ano 484 ata o 507. Casou con Tindigota, unha filla ilexítima de Teodorico o Grande, rei dos ostrogodos.

Alarico II
Nacemento458 e 466
Lugar de nacementoReino Visigodo
Falecementoagosto de 507 e 507
Lugar de falecementoPoitiers
NacionalidadeVisigodos
Ocupaciónmonarca e líder militar
PaiEurico
NaiRagnahilda
CónxuxeTeodegoda
FillosAmalarico e Xesaleico
Na rede
WikiTree: Visigoths-52
editar datos en Wikidata ]
Anel para cuñar no Kunsthistorisches Museum, museo de historia da arte, representando Alarico II.
Territorio do reino visigodo baixo o mando de Alarico II.

En 486 Alarico II negou refuxio a Afranio Siagrio, gobernante romano do chamado Dominio de Soissons (último reduto do Imperio Romano de Occidente) derrotado por Clodoveo I. Alarmado polas intimidacións de Clodoveo, Alarico remitiulle ao nobre romano, que foi decapitado.

Morre na batalla de Vouillé en 507, que enfrontou aos visigodos coas tropas do rei franco Clodoveo I. A derrota dos visigodos nesta batalla marca a desaparición do reino de Tolosa, pois as posesións galas, excepto a Narbonense, perdéronse.

Sucédeo o seu fillo Xesaleico, o cal emprende o repregamento dos restos do reino de Tolosa cara a Hispania.

Alarico II elaborou un código de leis coñecido como Breviario de Alarico (506), para os seus súbditos "romanos", segundo a teoría tradicional, aplicándose aos godos o dereito consuetudinario do pobo visigodo (recompilado no ano 475 polo rei Eurico no Codex Euricianus ou Código de Eurico).

O mesmo ano permitiu aos Bispos católicos da Galia que se reunisen nun Concilio en Agatha (Agde) na Narbonense.


Predecesor:
Eurico
 Rei dos visigodos 
484-507
Sucesor:
Xesaleico

Véxase tamén editar

Outros artigos editar