Conversa usuario:Xoacas/2016

Último comentário: hai 7 anos de Lameiro no tópico Tartracina

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016 editar

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)Responder

Hórreo editar

Grazas polos teus comentarios. Efectivamente consiste na mesma área xeográfica, a atlántica. Existen celeiros elevados sobre esteos en diferentes zonas do mundo, pero os británicos, e os franceses (idénticos ao horro ou tipo asturiano) teñen unha orixe común ou ligada, xa que son os únicos sobre esteos de pedra e tornarratos (staddle stones). É unha parvada chamarlle hórreo ao vasco e non ao inglés; deben ficar no mesmo artigo. Outra cousa ben distinta son os alpinos, xaponeses ou africanos. Un saúdo.95.61.16.51 17 de xaneiro de 2016 ás 21:08 (UTC)Responder

Categorías editar

Ola Xoacas. Por favor, revisa ben antes de crear categorías como estás a facer, moitas delas teñen que ir dentro doutras e non na xeral como estás a facer coas que metiches directamente dentro de "Deportes" por exemplo. Banjo tell me 17 de xaneiro de 2016 ás 22:02 (UTC)Responder

Benvido compañeiro!! :)) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2016 ás 22:31 (UTC)Responder

Modificación no artigo Hematemese editar

Boas, veño de recibir un aviso de que editaches o meu artigo, pero non podo acceder a ditas modificacións. Poderíasme dicir se fixeches algo? O mesmo me pasou con Home d'hojalata que seica fixo outra edición pero sen poder saber cal. Aproveito para comentar que este artigo foi unha mera tradución do artigo que atopei en catalán. Fíxeno por medio do sistema de tradución automática da Wikipedia. Pódesme dicir se o que o fixen é correcto? Cómpre indicar que a fonte é o artigo orixinario en catalán?

Grazas e saúde. Cachaldora (conversa) 17 de xaneiro de 2016 ás 23:55 (UTC)Responder

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016 editar

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)Responder

Monterrei, México editar

Hola Xoacas, he feito a redirección do nome da cidade de Monterrey por Monterrei, o mesmo foi feito coa cidade de Guadalajara por a redirección de Guadalaxara. Estamos na conversa.--Marrovi (conversa) 24 de febreiro de 2016 ás 00:46 (UTC)Responder

Pseudónimos editar

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)Responder

Nova escolla de artigos bos editar

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)Responder

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018 editar

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada editar

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)Responder

Illados editar

Ola Xoacas. Un pracer verte por aquí.

Trátase de contextualizar os artigos enciclopédicos. De procurar que estean conectados entre si.

Non contan, por tanto, as ligazóns dende páxinas de outros espazos de nomes, como as páxinas do espazo de nomes "Conversa" ou "Wikipedia". Por exemplo, "Canal 10 Andalucía" segue estando illado no proxecto, inda que eu poña aquí (Canal 10 Andalucía), unha ligazón interna cara a el.

As páxinas do tipo Wikipedia:Lista de persoas nadas en ..., que se actualizan cun bot a partir dos datos que imos metendo en Wikidata, témolas como páxinas de axuda ao traballo dos editores. Permiten detectar persoeiros con artigo noutras wikis e sen artigo na nosa, fotos dispoñibles que temos incluídas ... etc.

Podes botarlle un ollo a conversa que sobre iso tivemos aquí.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2016 ás 08:47 (UTC)Responder

Aviso votación para administrador editar

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)Responder

El Fary. Erro en Wikidata editar

O erro estaba en Wikidata: https://www.wikidata.org/w/index.php?title=Q1394661&type=revision&diff=333242889&oldid=333056624

--. HombreDHojalata.conversa 7 de maio de 2016 ás 13:57 (UTC)Responder

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración editar

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Bufarda editar

Boas Xoacas. Teño unha dúbida sobre cal sería a tradución de bufarda ao castelán. Comentoume Estevoaei que ti entendes de arquitectura, non sei se me podes axudar. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2016 ás 15:41 (UTC)Responder

Reflexións sobre os artigos de calidade editar

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para novembro de 2016 editar

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! Banjo tell me 25 de outubro de 2016 ás 09:04 (UTC)Responder

Referencias despois ou antes dos signos de puntuación editar

Ola Xoacas, un pracer volver falar contigo.

Estás movendo as referencias de despois a antes dos signos de puntuación. Por favor detente, non temos un acordo sobre iso, e tan correcta é unha opción como a outra (en distintas publicación óptase por unha forma ou a outra), así que adoitamos respectar a escolla do primeiro editor. En todo caso, eso si, dentro do mesmo artigo o formato ten que ser uniforme: ou dunha maneira ou da outra, non poden convivir as dúas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 2 de novembro de 2016 ás 23:21 (UTC)Responder

Ola Xoacas. Entendo o teu razoamento, que é un razoamento lóxico, máis eu, persoalmente non o comparto.
No seu día xa se debateu sobre este asunto e, daquela, eu acudín aos estantes, aos libros de papel. Estiven consultando moitos, e cheguei a conclusión de que non cheguei a ningunha conclusión. Nunhas edicións as chamadas estaban antes dos signos de puntuación e noutras despois.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2016 ás 22:14 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Fontes fiables, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Fontes fiables. Grazas! Banjo tell me 3 de novembro de 2016 ás 23:27 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política dunha nova redacción para os criterios dos artigos de calidade, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Novo texto para os criterios de calidade. Grazas! Banjo tell me 11 de novembro de 2016 ás 07:03 (UTC)~Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Consenso. Grazas! Banjo tell me 18 de novembro de 2016 ás 11:19 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Eliminación rápida/Proposta 2016. Grazas! Banjo tell me 25 de novembro de 2016 ás 08:08 (UTC)Responder

Aditivo alimentario editar

Xa non lembro as razóns pero supoño que a identificación dos aditivos cos aditivos alimentarios se debeu ó criterio de concepto máis común e máis usual. Cando o común dos mortais fala de aditivos está pensando -creo- nos aditivos alimentarios. E serán os outros aditivos (nos carburantes, no cemento) os que terán que engadir o apelido que lles corresponda, de xeito que deberá existir unha entrada aditivo (homónimos) que dirixa ó lector ás diferentes posibilidades que existan: aditivo alimentario ( -> aditivo, a secas), aditivo (carburantes), aditivo (cemento), etc. Pero é só a miña opinión, claro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de decembro de 2016 ás 17:36 (UTC)Responder

Pero ¡si xa existe o artigo Aditivo (homónimos)! Bota un vistazo á súa conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de decembro de 2016 ás 17:39 (UTC)Responder

Tartracina editar

Dis que a tratracina "Esta prohibido o seu uso en varios estados membros da Unión Europea", e debo facer dúas observacións: en primeiro lugar, afirmacións como estas esixen referencias (¿que estados membros?); e en segundo, estou convencido de que é falso, así de taxativo. A lexislación sobre aditivos na Unión Europea está baseada en regulamentos, de aplicación directa en tódolos estados membros. E estes non poden prohibir o que a UE autorice porque, entre outras cousas, iría contra a libre circulación de mercancías. A lexislación sobre aditivos é complexísima e inintelixible, pero se che interesa bota un vistazo ós Rgtos 1333/2008, 1465 e 1466/2009 e 1129/2011. E ánimo. Pedro --Lameiro (conversa) 16 de decembro de 2016 ás 18:00 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Xoacas/2016".