Dámosche a benvida á Galipedia, Prestexoan!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 3 de abril de 2019 ás 18:25 (UTC)Responder

Opinións dun pallaso editar

Boas Prestexoan, pasei o contido do libro Opinións dun pallaso ó seu artigo Opinións dun pallaso xa que non estaba ben no artigo do seu escritor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2019 ás 07:36 (UTC)Responder

Mapa de Galipedistas editar

Boas Prestexoan, mira, metinche no Modelo:Mapa de galipedistas, pero se non queres que apareza aí o teu usuario, tan só tes que dicirmo, desfago a achega e non pasa nada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2019 ás 14:23 (UTC)Responder

Ligazóns externas editar

Ola Prestexoan. Vin a túa edición en "Unión do Povo Galego" e que indicabas que non sabías ligar o voceiro da UPG nas ligazóns externas. É moi doado. Unha vez que tes o enderezo copiado no portapapeis, subliñas todo o que queiras que ligue (neste caso "Terra e Tempo: voceiro dixital da UPG"), e premes no símbolo de ligazón; verás que, por defecto che leva para que ligues a outro artigo da Galipedia, pero na parte superior tamén aparece "Ligazón externa", é aí é onde tes que pegar a ligazón copiada anteriormente. E xa quedaría ligado externamente (é dicir, fóra da Galipedia). Un saúdo e a seguir. --MAGHOI (conversa) 24 de xuño de 2020 ás 18:46 (UTC)Responder

We sent you an e-mail editar

Hello Prestexoan,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)Responder

A historia de don Servando editar

Boas, o artigo A historia de don Servando, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 14:50 (UTC)Responder

Ola Prestexoan. O artigo anterior ten varios elementos a mellorar. Se a túa idea é de seguir coa edición e completalo, recomendaríache usar o marcador "enuso". De ser así, podes obviar o aviso anterior. Un saúdo e a darlle duro. --MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2021 ás 14:54 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Prestexoan. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 30 de setembro de 2022 ás 20:05 (UTC)Responder

Moitas grazas pola aclaración! Pensaba facer todo iso, pero é que non me daba tempo! Xa que estamos, direiche que irei borrando bastante información da que estaba, porque non ten (segundo o que eu sei) suficiente veracidade histórica. Saúde e Terra! Prestexoan (conversa) 1 de outubro de 2022 ás 06:19 (UTC)Responder

Artigo con problemas editar

Ola Prestexoan. O artigo Xura da Constitución pola raíña rexente, a Súa Maxestade dona María Cristina ten varios elementos a mellorar dende o punto de vista da edición. Recomendaríache que lle botases unha olladas as ligazóns sobre como editar un artigo, se a túa idea é de seguir coa edición e completalo. Igualmente, se ese é o caso, usa o marcador "enuso". Se pasado un tempo prudencial, o artigo non é mellorado optarei por eliminalo. Ánimo e a darlle duro, MAGHOI (conversa) 11 de maio de 2024 ás 11:22 (UTC)Responder

Boa tarde, Maghoi!
Para che ser sincero, non teño demasiadas ganas de romper a cabeza coa edición do artigo, así que respectarei absolutamente calquera decisión que tomes. Se acaso quixeses indicarme exactamente que aspectos hai que mudar, miraría de seguir as túas indicacións. Xa non digo nada se alguén quixese facer esas modificacións por min, XD.
Desde logo, a miña intención era seguir editando o arquivo, facendo un comentario detallado do cadro e do seu contexto histórico. Pero se até fixen un arquivo con números para identificar algúns persoeiros que nel aparecen!
Agardo as túas indicacións. Apertas. Prestexoan (conversa) 11 de maio de 2024 ás 12:24 (UTC)Responder
Non hai problema, irei dándolle formato aos poucos, pero esa non é a cuestión. Dende o meu punto de vista, a cuestión é que cando facemos un artigo, debemos tratar de darlle un formato acorde coas convencións da Galipedia para facilitarlle a vida a outros usuarios. Non se trata de facer artigos a eito, senón que teñan unha finalidade: de aí as convencións de formato. Se cada quen, o fixese ao seu xeito, sería moi difícil, ou imposible, organizar, ligar, ampliar, conectar uns artigos con outros. Íso é unha enciclopedia, e por iso, no seu momento, a comunidade se deu unhas convencións que hai que respectar.
Máis nada. Non o entendas como un reproche ou algo semellante. Todos erramos e a todos nos corrixen. Tamén para iso somos comunidade. Un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 11 de maio de 2024 ás 13:05 (UTC)Responder
Boa noite, Maghoi:
Non te preocupes, eu entendo que é o teu cometido e sei que é importante. Se fun moi borde, pídoche desculpas.
A cuestión é que eu pérdome absolutamente con todos estes choios de formato, nunca os dou feito de maneira correcta (e teño pouca ansia de aprender). De feito, abusando da túa amabilidade, quería pedirche un favor: acabo de editar a páxina "Antonio Cánovas del Castillo" e encóntrome que está sen formato para as citas de libros. Poderías poñerllo? Ademais, creo que me carguei as tres citas que tiña a páxina (laméntoo moitísimo).
Por outro lado, sen ánimo de polemizar e sabendo que son as normas da comunidade: os títulos das obras teñen que ser na lingua orixinal? Daquela por que títulos de entradas como "Alicia no espello" en troques de "Alice through the looking glass" ou "As mágoas do mozo Werther" en lugar de "Die Leiden des jungen Werthers" ou "Piedade (Michelangelo)" en troques de "Pietà (Michelangelo)", por poñer tres exemplos?
Saúde! Prestexoan (conversa) 14 de maio de 2024 ás 20:55 (UTC)Responder
Ola, Prestexoan. Non hai problema polo dos formatos; para calquera dúbida, aquí estamos para resolvela, na medida do posible.
Sobre o artigo de Cánovas, coido que xa está todo correcto. Mudei algún xiro expresivo pero se agradece a túa edición porque era un artigo que debería ser moito máis extenso e precisaba, e segue precisando, dunha voltiña. As referencias, están correctas, non desapareceran.
Sobre o dos títulos: máis aló dalgún erro puntual, que os hai, a convención é que se sempre se coloca o título orixinal agás cnado hai tradución ao galego (nas obras literarias) ou hai referencias do título en galego (por exemplo, naas obras de arte). Ás veces, pode resultar estraño porque temos o oído afeito á lingua castelá, pero esta é a convención da Galipedia. Na wiki española, traducen todo, por exemplo, que tamén é bastante discutible.
Xa digo, se te animas a ampliar Cánovas ou calquera outro artigo, dálle duro que xa se irá corrixindo. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 15 de maio de 2024 ás 08:38 (UTC)Responder

Antonio Cánovas del Castillo editar

Ola Preste.

Poderías indicar a orixe das achegas? (por aquilo de WP:V; WP:NFP; WP:CITE; WP:FF...)

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 18 de maio de 2024 ás 15:55 (UTC)Responder