Dámosche a benvida á Galipedia, Mataralconejo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ánimo e a darlle duro.--MAGHOI (conversa) 11 de febreiro de 2021 ás 16:37 (UTC)Responder

Grazas por contrubuíres á Galipedia. Tanto todos os como tódolos son formas aceptadas pola Real Academia Galega e na Galipedia a norma é aceptar a opción do primeiro editor. Se buscar corrixir erros podes elixir, por exemplo, formas como tódolo ou tódala que aparecen en varios artigos e que piden que alguén coma ti lles bote unha man--HacheDous=0 (conversa) 20 de febreiro de 2021 ás 13:41 (UTC)Responder

Relevancia editar

Ola, Mataraleconejo, :) Que tal, como vas? Lembra o que falamos na clase:

  • A Wikipedia non é para poñer anuncios de empresas. É distinto que fagamos un artigo sobre a escola (que é un edificio importante en Pontevedra, que é un lugar importante na educación en Pontevedra), que o fagamos sobre unha clínica dun dentista. Na Wikipedia collen moitas cousas, pero teñen que ser relevantes para a sociedade.
  • Ademais, lembra que tamén dixemos que temos que poñer datos que sexan comprobables (temos que dicir de qué fonte os sacamos), e que sexan estables: os horarios de apertura e peche dun negocio onde mellor están é na web do negocio, non na Wikipedia. --Colexio Doroteas (conversa) 7 de marzo de 2021 ás 13:17 (UTC)Responder

Estrutura editar

Lembras o que vimos na clase sobre a estrutura dos artigos? Por que non empezas co da Comandancia da Garda civil, e estruturas o artigo como vimos que podías facer co noso colexio? Construción e inauguración, localización, áreas, etc. Un saudiño--Colexio Doroteas (conversa) 7 de marzo de 2021 ás 13:20 (UTC)Responder