Benvido(a) á Galipedia, MariaG!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:05, 10 febreiro 2010 (UTC)

Varios editar

Ola, María, benvida á Galipedia. Tiven que marcar para o borrado o artigo Ménades. E imprescindíbel que todos os artigos se cingan ao formato da Galipedia, con ligazóns internas, referencias, iw's, divisón en seccións e referencias, entre outros. É moi sinxelo, aquí tes un exemplo dun artigo en certa maneira similar que che pode server de guía, o de Urco. Se tes dubidas, non temas en contactar comigo ou con calquera outros dos habituais desta wiki. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:59, 21 febreiro 2010 (UTC)

  • María, tes que facer o que che digo, porque se non non poderán quedar, e é unha pena. Fai un esforciño, e verás que non che ga faltar axuda. Tiven que marcar tamén como lixo Deconstrutivismo e mais Brutalismo. --Atobar (conversa comigo) 22:06, 21 febreiro 2010 (UTC)
  • María, gracias por te unir a nós neste proxecto. Creo que farías ben se atenderas ás indicacións de Atobar. O entusiasmo que lle pos ao traballo podería ser de moito proveito para todos, semella que entendes de arquitectura e de arte e precisamente ese é un tema moi necesitado de atención na Wikipedia en galego. Porén todo traballo debe cumprir uns estándares que garanten a súa calidade, a súa permanencia e a posibilidade de que outros usuarios poidan facer uso de el e contribuír a melloralo. Anímote a seguir os procedementos establecidos. Outra cousiña: o artigo metopa xa existía co título correcto, métopa, é unha mágoa o traballo perdido. Un saúdo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:32, 21 febreiro 2010 (UTC)
María, como vexo que non me fas ningún caso, velaquí queda un exemplo para que repares na diferenza entre o que ti creaches e a modificación que houbo que facerlle ao artigo para adaptalo ao formato wiki. Preme aquí. Espero que a partir de agora sigas estas pautas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:25, 22 febreiro 2010 (UTC)