Dámosche a benvida á Galipedia, Claraedita!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. O artigo que creaches, Carmela Cons Pintos, ten varios atrancos. Revisa as indicacións anteriores e procura melloralo. E lembra que a Galipedia non é un lugar onde colocar un currículo. Se precisas máis axuda non tes máis que contactarme na miña páxina de conversa. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 17:34 (UTC)Responder

Ola, Clara; por favor, ten en conta que os artigos deben axustarse a un formato determinado (Wikipedia:Libro de estilo), e que a información debe ser veraz, neutral e referenciada. Intúo que tanto o artigo de Carmela Cons Pintos como o de Antón Costa Rico son para algún traballo académico. En que facultade e materia estades a traballar con isto? Sería bo que a profesora ou profesor da materia se puxese en contacto con alguén para coordinar as edicións. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de decembro de 2020 ás 10:56 (UTC)Responder