Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Amebaparlante.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2014 ás 11:35 (UTC)Responder

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Amebaparlante. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de xuño de 2014 ás 15:26 (UTC)Responder