Benvido(a) á Galipedia, Alobego!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 4 de abril de 2018 ás 21:06 (UTC)Responder

Sotelo Blanco Edicións editar

Ola, Alobego. Creaches Editorial Sotelo Blanco cando xa existe (dende 2010) Sotelo Blanco Edicións. Prégoche que pases alí os contidos para deixar logo a nova entrada como redirección. Á hora de trasladalos, ten en conta que debes respectar o formato existente e achegar referencias, así que non retirar contido previo sen unha xustificación. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 4 de abril de 2018 ás 21:06 (UTC)Responder

Ola de novo, Alobego. Vexo que segues editando en Editorial Sotelo Blanco, cando debes facelo, respectando o contio existente en Sotelo Blanco Edicións. Tamén quero lembrarche que gran parte dos engadidos que estás a facer non son válidas para o formato da wiki. Anímote a que lle botes unha ollada demorada a Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Creo que sería boa que revises outras páxinas de editoriais galegas e te guíes por elas. Se tes dúbidas, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de abril de 2018 ás 17:39 (UTC)Responder

artigos editar

Ola, Alobego. O nome da editorial é Sotelo Blanco Edicións, non Editorial Sotelo Blanco nin Editorial Calvo Sotelo, como puxeches na páxina de conversa do Usuario:Atobar. Xa que logo, debes editar en Sotelo Blanco Edicións.

Outra cousa: os artigos non son de ninguén. Son de todo o mundo. Edita sen medo, modifica se ves erros. As túas achegas son benvidas.

Os artigos da Wikipedia son de carácter enciclopédico. Por este motivo, hai cousas que teñen cabida nun traballo académico pero non nunha descrición, como por exemplo o listado extensivo de obras publicadas ou a biografía do creador da editorial. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de abril de 2018 ás 16:49 (UTC)Responder