Al Lemos
Benvido(a) á Galipedia, Al Lemos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 23:41, 30 agosto 2008 (UTC)
modelos editar
ola Al; Síntocho, pero non che sei axudar nisto dos modelos. Se cadra deixa unha mensaxe no taboleiro dos administradores, e quizais che poidan botar unha man. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:18, 31 agosto 2008 (UTC)
- Al Lemos, na Galipedia adoitamos informar no cadro resumo que os artigos son traducións parciais ou totais. Facémolo con frases como cabezallo tirado de pt.wiki, básico a partir de es.wiki, artigo traducido de en.wiki e fr.wiki etc. É bastante sinxelo mais tamén bastante útil. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:28, 4 de xuño de 2011 (UTC)