Dámosche a benvida á Galipedia, Álvaro Aira Guerrero!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2020 ás 10:14 (UTC)Responder

Vandalismo e outros editar

Non vandalices[1]. Por outra banda, cando engadas contido debes adaptalo ao xa existente, non sobrepoñelo nin sumalo en paralelo. --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2020 ás 10:14 (UTC)Responder

Ola, Álvaro. No artigo de Freixanes debes incorporar os contidos sobre os que xa temos. Non dedes engadir un novo apéndice "Biografía" e empezar aí dende cero a contar a súa vida. Cínguete, por favor, ao formato común dos artigos desta Wikipedia para as biografías de persoeiros. É dicir, dentro de "Traxectoria", deberás ir incorporando pouco e pouco os contidos, sen eliminar os preexistentes e respectando a cronoloxía (non vale sumalos ao final nin nada semellante). Moi importante tamén que todas as afirmacións que engadas veñan acompañadas dunha referencia (repara en que o texto que chantaches non tiña ningunha). E non perdas de vista tampouco que a redacción debe seguir unhas normas; por exemplo, os verbos en pasado e a adaptación obrigatorio ás escollas do primeiro editor cando se trate de opcións múltiples (por exemplo, ata/até/ate, ble/bel, Galicia/Galiza, -ería/aría etc.). Se che xorden dúbidas, revisa a guía de edición. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 1 de marzo de 2020 ás 20:07 (UTC)Responder