Conversa modelo:Es

Último comentário: hai 5 anos de Elisardojm no tópico Unificar formato: fase dous

Unificar formato editar

Cando empregamos este modelo, devolve:

(en castelán)
en cursiva, con ligazón interna e letra negra.


Porén cando poñemos "es" nos modelos {{Cita... |lingua=es ...}} (Cita pulicación periódica ... etc) devolve:

(en español)
en letra normal, sen ligazón interna e letra gris.


Empreguei intencionadamente as dúas versións no artigo Edicións Fervenza para que se vexa a diferenza.

Non deberiamos unificar? --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2016 ás 08:20 (UTC)Responder

Deberíamos. O ideal e usar os modelos de citas sempre que se poda, pero en canto a presentación é cuestión de escoller un formato. Igualar o formato cursiva+ligazón ao de citas é sinxelo, sería editar estes modelos sen máis. No sentido contrario é algo máis complicado. Poñelo en cursivas é doado pero a ligazón ao idioma de turno xa non tanto, os modelos de citas usan as predefinicións de nomes de idiomas que hai no código do sistema mediawiki. Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 08:27 (UTC)Responder
Por descontado: os mesmos cambios neste (Modelo:es) habería que facelos nos 140 equivalentes doutras linguas (Categoría:Marcadores de idioma de ligazón). --. HombreDHojalata.conversa 21 de xaneiro de 2016 ás 10:43 (UTC)Responder
  Concordo en que se unifique. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2016 ás 10:45 (UTC)Responder

  Comentario

Hai unha forma relativamente sinxela de modificar os modelos de citas. Pódese facer en Módulo:Citas/Configuration:
['language'] = '<span style="color:#555;">(en $1)</span>', ['language'] = '<span style="font-style: italic;">(en [[$1]])'</span>,
O problema disto é que a ligazón apuntaría directamente a español, noruegués, italiano, inglés etc., que son todas ou case todas páxinas de homónimos. De escoller esta forma habería que converter todas esas en redireccións cara "lingua xxx", crear español (homónimos), noruegués (homónimos), italiano (homónimos), inglés (homónimos) etc. e revisar os artigos relacionados para que liguen correctamente.
A outra forma de modificar os modelos de citas que vexo factible sería facer unha "táboa de idiomas" que relacionen os códigos de cada lingua coa ligazón correspondente, de tipo "es = [[Lingua castelá|castelán]]" e modificar a función language_parameter de Módulo:Citas para que asigne esos valores a ligazón segundo cada caso. Pero non estou moi seguro de cómo facelo, ou se funcionaría ben ao 100%.

Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 11:11 (UTC)Responder

Tamén se pode deixar o dos modelos de citas sen ligazón, só en cursiva e sen cor gris:
['language'] = '<span style="color:#555;">(en $1)</span>', ['language'] = '<span style="font-style: italic;">(en $1)'</span>,
Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 11:14 (UTC)Responder
  Concordo con esta última opción. Sería un bo avance cara a homoxeneización. --. HombreDHojalata.conversa 13 de xullo de 2016 ás 11:12 (UTC)Responder
  Feito! Banjo tell me 13 de xullo de 2016 ás 11:18 (UTC)Responder

Unificar formato: fase dous editar

Estes días volveu saír na taberna o tema deste modelo, comentado por Maria zaos e o da lingua das referencias, penso que deberíamos atopar unha solución para que nos dous casos saia do mesmo xeito, así este tema quedaría totalmente pechado.

Agora mesmo, se non me trabuco, nas referencias sae "(en español)" e este modelo pon "(en castelán)".

Primeiro, decidamos que formato preferimos, Banjo, HombreDHojalata, Maria zaos e quen estea interesado (porei un aviso na taberna):

Si, si, a cuestión de cal é o formato desexado está clara. Porén, a cuestión peliaguda é executar a unificación, que, como explicou Banjo máis arriba, pode ser tremendamente dificultosa/traballosa. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xullo de 2018 ás 15:15 (UTC)Responder
Outra cousa que faría sería quitar a ligazón. --Norrin (Fálame) 26 de xullo de 2018 ás 10:23 (UTC)Responder

  Feito! (Conflito de edición) Tedes aquí abaixo un exemplo de como funciona, agora o modelo de citas mostra a ligazón de lingua igual que os modelos. Fixen unha función coas linguas máis usadas, penso que con esas chega abondo, non as meto todas para non sobrecargala, por seguridade, aínda que non sei se lle afecta ou non. Se non atopa a lingua funcionará da forma antiga, é dicir, poñendo a lingua sen ligazón. Se queredes engadir algunha outra lingua máis non hai problema, avisade e métoa nun momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2018 ás 00:11 (UTC)Responder

Demasiado tarde Maria zaos :), pero se queredes quítolle a ligazón. Por certo, o que non fixen foi probala no editor visual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2018 ás 00:14 (UTC)Responder
Elisardojm é que sempre me entero das votacións tarde e mal, perdoa. Está perfecta no editor visual, veño de probar con tres idiomas. O da ligazón éracheme un pouco igual, é que pensei que igual era mais fácil de facer sen ela. Graciñas polo traballo!!:) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 27 de xullo de 2018 ás 00:28‎

Exemplo de funcionamento editar

Ola, esta é unha ligazón.[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21][22][23][24]

  1. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en castelán). 
  2. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en inglés). 
  3. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en francés). 
  4. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en alemán). 
  5. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en árabe). 
  6. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en asturiano). 
  7. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en catalán). 
  8. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en éuscaro). 
  9. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en italiano). 
  10. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en portugués). 
  11. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en varias linguas). 
  12. Apelidos autor, Nome autor (2014). Os berberechos na cociña filipina (en chinés). 
  13. Referencia.(en castelán)
  14. Referencia.(en inglés)
  15. Referencia.(en francés)
  16. Referencia.(en alemán)
  17. Referencia.(en árabe)
  18. Referencia.(en asturiano)
  19. Referencia.(en catalán)
  20. Referencia.(en éuscaro)
  21. Referencia.(en italiano)
  22. Referencia.(en portugués)
  23. Referencia.(en varias linguas)
  24. Referencia.(en chinés)
Volver á páxina "Es".