Conversa:Ganso sangano

Último comentário: hai 9 anos de Miguelferig no tópico Nome galego

Nome galego editar

Podería alguén dicirme de onde saiu este nome de ganso sangano e que é o que quere dicir o termo sangano que eu xamais escoitei? Bueno, ganso sangano seguramente saiu da Guía das aves de Galicia de Penas Patiño et al. (A Coruña, Bahia Edicións, 1991), e non llo podeo preguntar a Elster, que sae en vermello. E o sangano? Non o vin en ningún dicionario. Penas Patiño, ao que non coñezo persoalmente pero que admiro fondamente polo seu labor a prol da ciencia zoolóxica galega, especialmente a ornitolóxica, tanta nas súas guías, como noutras publicacións e na SGHN. Pedro, na miña modesta opinión, ás veces nomn acerta en inventar nomes comúns de aves galegas (de feito, xa tivo que recitificar algúns dos que establecera na pioneira Guía homónima, editada por Galaxia en 1980, a causaa das críticas dalgúns colegas. Desde logo eu non son partidario de chamar ás especies do xénero Branta con nomes diferenciados ao das especies de Anser (os gansos propiamenrte ditos), e que son tan semllantes en tamaño e forma que están integrados na mesma subfamilia, a dos anserinos (mesmo en galego chamamos ganso ao ganso de Exipto, que pertence á subfamiia dos tadorninos. Polo tanto, non son partidario de que se lle chama barnacla, como en castelán, ou bernache, como en francés, ambos os dous calcos do inglés bernacle, en inglés medio bernakylle, alteración de bernake, voz de orixe celta (Cf. galés bernic, gaélico medio bairnech), que é o nome que se lles dá nestas linguas aos percebes!!! e si, en cambio, de chamarlles ganso (ou voz correspondente), como fan case todos os idiomas modernos. O problema está no apelido. Na miña opinión, e dado que unha das características máis salientábeis desta especie é o de ter a plumaxe moito máis branca que otras especies do xénero, especialmente no ventre e na cabeza, o que se reflicte no se nome científico, Branta leucopsis, iclinaríame polo nome ganso de cabeza negra, en harmonía cos nomes:

  • alemán: Weiβwangengans
  • catalán: oca del galta blanca
  • italiano: oca facciabianca
  • portugués: ganso-de-faces-brancas

En cambio, Penas Patiño, denomina, en harmonía coas outras linguas á outra especie do xénero que, na súa guía, pode chegar ás veces até a nosas costas, como divagante en inverno desde os seus territorios de cría, no Ártico (Noruega, Rusia, Canadá, Alasca e Grenlandia), Branta bernicla, como ganso cabecinegro (que a min me parecía mellor ganso de cabeza negra (porque a nosa Academia non é moi partidaria de termos compostos do tipo aliazul, branquiazul, branquiverde, puntiagudo, rabilongo, etc). En portugués é ganso-de-faces-negras.

Por outra parte, aparece nesta Galipedia outra especie do xénero, o ganso paporrubio (Branta ruficollis). Paporrubio (ou paporroibo), unha desas poucas voces compostas admitidas pola Academia das que eu falaba antes, porque é voz patrimonial; pero no é un cualificativo que se aplique á cor do papo de certas aves, senón que é un nome común, o nome dun paxaro moi frecuente en Galicia, o paporroibo (Erithacus rubecula), paxariño que ten, efectivamente, o papo (e máis a parte inferior da cara, desde os ollos) roiba pou rubia (parecido á da capa das vacas da raza rubia galega). Pero o noso ganso non ten só o papo (e parte das meixelas) de cor rubia (máis ben roxa ou ferruxenta). Polo tanto quizais fose máis adecuado, tendo en conta o nome específico, ruficollis (de rufus, roxo, de pelo vermello, e collum, colo, pescozo) denominalo ganso de pescozo roxo. Cf.:

  • castelán: barnacla cuellirroja
  • catalán: oca de coll roig
  • francés: bernache à cou roux
  • inglés: red-breasted goose (este é un ganso, non unha barnacle)
  • italiano: oca collorosso
  • neerlandés: roodhalsgans

Que vos parece? --XoioÉche o que hai 4 de xullo de 2013 ás 20:29 (UTC)Responder

En canto a Branta leucopsis, se non estou errado, o de leucopsis vén de leuko (branco) e ops (cara, face), polo que sería ganso de cara branca, etimoloxicamente.--Miguelferig (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 10:54 (UTC)Responder
Volver á páxina "Ganso sangano".