O Ártico (do grego ἄρκτος "oso, osa", en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra. Inclúe partes do Canadá, Groenlandia (que é un territorio dinamarqués), Noruega, Suecia e Finlandia, así como o océano Ártico.

A liña vermella indica a isoterma de 10 °C en xullo
Imaxe de satélite

Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu límite está ao norte do Círculo Polar Ártico (66° 33’N), que é o límite do sol de medianoite e a noite polar. Outras definicións baséanse no clima e a ecoloxía, como a isoterma 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios setentrionais de oito estados, incluíndo Laponia, aínda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente subártico.

O Ártico é fundamentalmente un océano recuberto de xeo e rodeado de terra xeada e desprovista de árbores. A vida é abondosa e inclúe organismos que viven no xeo, peixes e mamíferos mariños, paxaros, animais terrestres e comunidades humanas.

A rexión ártica é, pola súa natureza, unha área única. As culturas da rexión e os pobos indíxenas do ártico téñense adaptado ás súas condicións frías extremas. Ten un papel relevante no equilibrio físico, químico e biolóxico do mundo. Reacciona sensibelmente ás mudanzas no clima, que repercuten de volta na situación global do ambiente. Desde a perspectiva da investigación na mudanza climática, a rexión ártica considérase un sistema de aviso temperán.

Véxase tamén editar