Cereo, Coristanco

parroquia civil do concello de Coristanco

Santa María de Cereo[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 284 habitantes, sendo 125 homes e 159 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 415 habitantes (214 mulleres e 201 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 468 habitantes.

Cereo
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′28″N 8°48′08″O / 43.20763889, -8.80219444Coordenadas: 43°12′28″N 8°48′08″O / 43.20763889, -8.80219444
Poboación284 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía física editar

Bañada polo río Anllóns e polo seu afluente o río Calvar.

Vexetación editar

As dúas especies arbóreas máis abundantes son os piñeirais, sobre todo nos montes que rodean a Vilaverde ou polo leste do monte do Monelo. No resto de superficie arborada ou ben hai un equilibrio entre estes e os eucaliptos ou sobresae o eucalipto que, en moitos casos, avanza de xeito natural pero imparable. Na beira do río Anllóns son moi abondosas as plantas de ribeira: salgueiros, ameneiros, bidueiros e sanguiños. Hai tamén algún que outro bo exemplar solto de carballo. [2]

Relevo editar

A parte central, máis aplanada, foi aproveitada para establecérense nela os principais núcleos de poboación pola súa maior facilidade para traballala. Nela destaca a suave pero nidia inclinación cara ao norte desde os 180 m da aldea do Cotón ata os 50 do leito do río Anllóns. O máis destacado da parte oriental é un pequeno outeiro ao leste de Vilaverde con caídas suaves pola parte occidental pero con fortísimos desniveis pola parte que dá á paraxe do Refuxio de Verdes, produto da tectónica xa que está orixinada por unha falla que aproveitou o río para encaixarse e seguir un trazado máis ben recto ata chegar a outra falla perpendicular á anterior o que fai que o río describa un ángulo recto e colla decididamente a dirección da Pontedona. [2]

Hidrografía editar

A principal corrente fluvial da parroquia é o río Anllóns que non chega a entrar nela pero que lle serve de linde, xunto co pequeno Lodeiro durante case 4 km. Do interior só cabe mencionar o ínfimo regato de Portocelo de apenas 1 km de lonxitude. [2]

Patrimonio editar

A igrexa parroquial de Santa María de Cereo foi reconstruída en 1868, pero conserva un retablo barroco do século XVII.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Cereo editar

Lugares da parroquia de Cereo no concello de Coristanco (A Coruña)

Cereo Vello | O Cotón | A Cruz de Agrelo | Fonte Lamela | Gulúa | A Hedrada | Lodeiros | Ponteciñas | Pousada | Vilaverde

Parroquias de Coristanco editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.