Erbecedo, Coristanco

parroquia civil do concello de Coristanco

San Salvador de Erbecedo[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 665 habitantes (312 mulleres e 353 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 889 habitantes. Segundo o IGE, en 2004 a súa poboación era de 829 habitantes (426 mulleres e 403 homes).

Erbecedo
Igrexa de San Salvador de Erbecedo.
ConcelloCoristanco[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°09′41″N 8°42′14″O / 43.16130556, -8.70388889Coordenadas: 43°09′41″N 8°42′14″O / 43.16130556, -8.70388889
Área22 km²
Poboación665 hab. (2018)
Densidade30,23 hab./km²
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Patrimonio editar

Esta parroquia conta cun total de tres igrexas, das cales dúas seguen en uso. A primeira delas está situada no lugar do Campo, e úsase para facer a misa pola Virxe da Saleta. Case ao lado desta está unha que é máis antiga e que está en desuso dende practicamente a fin da guerra civil española. A pouco menos de 200 metros desta última encóntrase a máis nova e a que se usa para a misa de todos os domingos, e xeralmente para enterros e defuncións.

Xeralmente nos días de festa adórnase o cruceiro[2] situado no lugar do Campo, ao igual que a primeira igrexa.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Erbecedo editar

Lugares da parroquia de Erbecedo no concello de Coristanco (A Coruña)

A Abelenda | A Braña | O Carballás | A Cepa | Cereixa | Os Cucheiros | Figueiras | Os Loureiros | A Pedreira | A Pomba | O Porto da Presa | O Pumariño | O Ribeiro | Silván | Soutullo | A Torre

Parroquias de Coristanco editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Coristanco

A Agualada (San Lourenzo) | Cereo (Santa María) | Coristanco (San Paio) | Couso (San Miguel) | Cuns (San Vicenzo) | Erbecedo (San Salvador) | Ferreira (Santa María) | Oca (San Martiño) | San Xusto (San Xián) | Santa Baia de Castro (Santa Baia) | Seavia (San Mamede) | Traba (Santa María) | Valenza (San Pedro) | Verdes (Santo Adrán) | Xaviña (San Tomé)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar