Bié

provincia de Angola

Bié é unha das 18 provincias de Angola. Ten unha superficie de 70.314 km² e unha estimación de 1 350 000 habitantes (2006). A súa capital é Kuito.

Modelo:Xeografía políticaBié
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°31′00″S 17°34′00″L / -12.516666666667, 17.566666666667Coordenadas: 12°31′00″S 17°34′00″L / -12.516666666667, 17.566666666667
EstadoAngola Editar o valor em Wikidata
CapitalCuíto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Andulo (pt) Traducir
Camacupa (pt) Traducir
Catabola (pt) Traducir
Chinguar (pt) Traducir
Chitembo (pt) Traducir
Cuemba (pt) Traducir
Cunhinga (pt) Traducir
Cuíto (pt) Traducir
Nharea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.455.255 (2014) Editar o valor em Wikidata (20,7 hab./km²)
Lingua usadaNsongo (en) Traducir
Luimbi (en) Traducir
Nyemba (en) Traducir
Lingua umbundu
Mbwela (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie70.314 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2AO-BIE Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

A provincia atópase no centro de Angola e limita polo norte coa provincia de Malanje, polo nordeste coa provincia de Lunda Sul, polo leste coa de Moxico, polo sur coa de Cuando Cubango e polo oeste coas provincias de Huíla, Huambo e Cuanza Sul.

O seu clima fresco e con abundantes choivas, que fan posible o cultivo de millo, cana de azucre, arroz, café e cacahuete.

A meseta de Bié, na que se sitúa a provincia, está conectada por ferrocarril co océano Atlántico.

Morfoloxicamente, o territorio caracterízase polo ser un altiplano cunha altitude máxima de 1852 msnm. A terra é da máis fértil de Angola e ten polo leste e polo norte o río Cuanza, que nace nesta provincia, que ao discorrer para o norte marca parte da fronteira con Malanje. Polo suroeste discorre o río Cuchi, un afluente do río Cubango.

As principais poboacións da provincia son: Kuito (114.791 hab.), Camacupa (19.347 hab.), Catabola (19.281 hab.), Catumbela (17.369 hab.) e Chisamba (7755 hab.).

Demografía editar

A poboación da provincia en 1992 estimábase de 1 119 000 habitantes. De acordo coas estatísticas do goberno estadounidense de 1988, a poboación da provincia era de 1 044 000.[1] Estímase que 201.600 persoas desta provincia vivían en zonas urbanas e que 843.400 en zonas rurais.[2]

A provincia contaba con 1 125 000 de habitantes en 1991, estimándose no 2006 de 1 794 387 persoas.[3]

Linguas editar

Nesta provincia, a lingua nacional que predomina é o umbundo.[4]

Municipios editar

 
Pícaros nunha escola de Kuito.

Os municipios desta provincia son:

Comunas editar

As comunas desta provincia son:[5]

  • Munhango
  • Caivera
  • Sachinemuna
  • Andulo
  • Belo Horizonte
  • Cambândua
  • Chicala
  • Chinguar
  • Chipeta
  • Chitembo
  • Chiuca
  • Chivaúlo
  • Dando
  • Gamba
  • Kachingues
  • Kaiei
  • Kalucinga
  • Camacupa (Kamakupa)
  • Kangote
  • Kassumbe
  • Catabola (Katabola)
  • Kuemba
  • Kuito
  • Cunhinga (Kunhinga)
  • Kunje
  • Kutato
  • Kwanza
  • Luando
  • Lúbia
  • Malengue
  • Mumbué
  • Mutumbo
  • Nharea
  • Ringoma
  • Sande
  • Soma Kwanza
  • Sto António da Muinha
  • Trumba
  • Umpulo

Notas editar

  1. Estatísticas do goberno estadounidense de 1988
  2. "Distribuição da Superfície e da População Estimada por Município" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de maio de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  3. Instituto Nacional de Estatística, Angola. Instituto Nacional de Segurança Social, Angola. [1] Arquivado 30 de setembro de 2016 en Wayback Machine.
  4. "Info Angola, idiomas". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  5. "Info-Angola Quadro da Administração Angolana". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2017. Consultado o 16 de xaneiro de 2011.