Clima

fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta

O clima[1] comprende os diversos fenómenos que ocorren na atmosfera dun planeta. Na Terra, fenómenos comúns son vento, tempestade, chuvia e neve, os cales ocorren particularmente na troposfera, a parte máis baixa da atmosfera. O clima é guiado pola enerxía do Sol, posto que os factores clave son temperatura, humidade, presión atmosférica, nubosidade, velocidade do vento e nivel das mareas.

Alasca.
Vexetación atlántica. O Pindo (Carnota).
deserto do Sáhara.
Clima continental en inverno (Praga).

A definición polo glosario Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (IGCC) é:

Clima, nun sentido estrito é xeralmente definido como tempo meteorolóxico medio, ou máis precisamente, como a descrición estatística de cantidades relevantes e mudanzas do tempo meteorolóxico nun período de tempo, que vai de meses a millóns de anos. O período clásico é de 30 anos, definido pola Organización Mundial de Meteoroloxía (OMM). Esas cantidades son xeralmente variacións de superficie como temperatura, precipitación e vento. O clima nun sentido máis amplo é o estado, incluíndo as descricións estatísticas, do sistema meteorolóxico. Glossary Intergovernmental Panel on Climate Change Arquivado 26 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.

Os límites exactos do que é o clima e o que é tempo non son ben definidos e dependen da aplicación dos termos. Por exemplo, nalgúns sensos un fenómeno como El Niño podería ser considerado clima; noutros, como o tempo meteorolóxico.

Clima e tempo, dous conceptos distintos editar

Resulta frecuente a confusión entrambos conceptos pero hai que destacar que se refiren a aspectos distintos da dinámica atmosférica. A diferenza principal está na escala de tempo en que se traballa. Cando a escala de tempo dos cambios aos que un se refire é de días, semanas, meses ou uns poucos anos fálase de tempo atmosférico. A partir dunha escala de décadas é cando realmente empeza a falarse de variacións climáticas. Pero ata este período de tempo é demasiado breve para considerar o cambio. Normalmente ata pasado un século non se pode apreciar a tendencia subxacente.

Esta fronteira entre o tempo e o clima é un tanto borrosa. Unha cousa é segura, as variacións do tempo están suxeitas a patróns regulares de curto prazo, basicamente as variacións anuais ou estacionais e a patróns caóticos de diferentes frecuencias de variación que son os que fan que dun ano para outro así como dun día para outro o tempo sexa tan cambiante. O clima presenta tamén as dúas facetas. Tendencias regulares que se empezan a apreciar ás poucas décadas de realizar medicións e oscilacións de tipo caótico que subxacen no fondo. A máis grande escala pode permanecer oculto un patrón regular como os ciclos de Milanković‎. E se nos imos aínda a escalas maiores a variación pode tornarse caótica de novo xa que aumenta a dependencia das características xeofísicas da terra, tectónica, desgasificación natural... Os cales son procesos caóticos á súa vez.

Clima global e cambios editar

Máis información: Balance radioactivo terrestre | Cambio climático

O clima global require o estudo doutro tipo de variables chamadas forzamentos exteriores. Para coñecer como evoluciona o clima ao longo dos eóns hai que ter en conta a influencia deses aspectos capaces de alteralo drasticamente. Segundo a importancia destes factores exteriores en cada momento o sistema climático será máis ou menos caótico. En calquera caso, a longo prazo a previsión faise imposible xa que moitos dos forzamentos exteriores, por exemplo a deriva continental, tamén se rexen por sistemas caóticos.

 
Actividade solar.

Os forzamentos exteriores poden implicar certa periodicidade variacións orbitais e solares e á súa vez presentar tendencias globais nun só sentido por enriba das flutuacións de máis alta frecuencia. Este é o caso da variación solar, que mentres presenta flutuacións regulares en curtos períodos de tempo a longo prazo, presenta, tamén, un aumento sistemático do brillo solar. así mesmo dita variación achega acontecementos caóticos, tormentas magnéticas ou períodos anormais de actividade solar. Frecuentemente a aparencia caótica dunha variación pode encubrir unha regularidade de moi baixa frecuencia para a cal non pasou suficiente tempo para que poida ser observada.

Estes forzamentos moitas veces son demasiado pequenos para causar os grandes cambios que se observan. Estes adoitan ser debidos precisamente ás retroalimentacións (feedbacks) positivas e negativas que se dan unha vez desencadeado o proceso.

Breve resumo das causas da variación climática editar

Parámetros climáticos editar

Para o estudo do clima local hai que analizar os elementos do tempo: a temperatura, a humidade, a presión, os ventos e as precipitacións.

Hai unha serie de factores que poden influír sobre estes elementos: a latitude xeográfica, a altitude do lugar ou a continentalidade, que é a distancia ao océano ou ao mar.

Latitude xeográfica editar

A latitude determina o grao de inclinación dos raios do Sol e a diferenza da duración do día e a noite. Canto máis directamente incide a radiación solar, máis calor achega á Terra.

As variacións en latitude son causadas, de feito, pola inclinación do eixe de rotación da Terra. O ángulo de incidencia dos raios do Sol non é o mesmo en verán que en inverno sendo causa das diferenzas estacionais.

Unha maior inclinación nos raios solares provoca que estes teñan que atravesar maior cantidade de atmosfera atenuándose máis que se incidisen perpendicularmente. Por outra banda, a maior inclinación maior será o compoñente horizontal da intensidade de radiación. Mediante sinxelos cálculos trigonométricos pode verse que: I(incidente) = I(total) • cosθ

Altitude editar

A altitude dunha rexión depende dos pisos térmicos en que se atope. A maior altitude respecto ao nivel do mar menor temperatura. Existen 4 pisos térmicos:

  1. Macrotérmico (0 a 1.000 metros): a súa temperatura varía entre os 20 °C e 29 °C. Presenta unha pluviosidade variable.
  2. Mesotérmico (1.000 a 3.000 metros): presenta unha temperatura entre os 10 °C e 20 °C, o seu clima é de montañas.
  3. Micrométrico (3.000 a 4.700 metros): a súa temperatura varía entre os 0 °C e 10 °C. Presenta un tipo de clima de Páramo
  4. Xélido (4.700 a 5.007 metros): a súa temperatura é de 0 °C e correspóndelle un clima de neve de alta montaña.

O cálculo aproximado que se realiza, é que ao elevarse, cada 180 metros, a temperatura baixa 1 °C.

Continentalidade editar

A proximidade do mar inflúe sobre as temperaturas e proporciona máis humidade. As brisas que se orixinan nas rexións costeiras atenúan a temperatura das diferentes estacións. Levando aire cálido cando é inverno e aire fresco cando é verán. Así, as zonas próximas á costa reciben a influencia do mar e teñen temperaturas máis suaves. No inverno vai menos frío e no verán menos calor que no interior.

Unha alta continentalidade, en cambio, acentúa a amplitude térmica. Provocará invernos fríos e secos e veráns calorosos e secos.

A continentalidade é o resultado da alta calor específica da auga, que lle permite manterse a temperaturas máis frías no verán e máis cálidas no inverno. O que é o mesmo que dicir que a auga posúe unha grande inercia térmica. As masas de auga pois, son o máis importante axente moderador do clima.

Clasificacións climáticas editar

O clima pode clasificarse en:

Clasificación climática clásica editar

Describe os climas do mundo en función do seu réxime de temperaturas e de precipitacións.

  • Clima árido: precipitacións escasas.
  • Clima tropical: cálido, as temperaturas flutúan pouco durante o ano. Con período(s) de seca.
  • Clima mediterráneo: caracterizado por veráns cálidos e secos e invernos húmidos e moderados de temperatura.
  • Clima alpino: frío por mor da altitude.
  • Clima continental: característico das rexións interiores. A variación de temperaturas entre estacións pode ser moi grande.
  • Clima oceánico:: característico das rexións de temperaturas temperadas próximas ao mar. Precipitacións ao longo de todo o ano e temperaturas que non varían moito ao longo do ano.
  • Clima polar: temperaturas xeralmente baixo 0 °C, escasas precipitacións.

En función da temperatura editar

  • Climas sen invernos: o mes máis frío ten unha temperatura media maior de 18 °C.
  • Climas de latitudes medias: con verán e inverno
  • Climas sen verán: o mes máis caloroso ten unha temperatura media menor a 10 °C.

En función da precipitación editar

  • Árido
  • Semiárido
  • Subhúmido
  • Húmido
  • Moi húmido

Clasificación climática de Köppen editar

Baseada en límites de temperatura e precipitación e na observación da vexetación nativa de cada rexión de estudo.

Clasificación xenética editar

Clasifica en función das masas de aire que a orixina:

  • Clima I: valga ecuatorial e clima seco.
  • Clima II: controlado pola zona de contacto de vento tropical e polar.
  • Clima III: controlado por ventos polares e árticos.

Diferentes tipos de clima editar

No mundo os tipos de clima clasifícanse en catro grupos.

Calorosos editar

Temperados editar

Fríos editar

  • Clima continental frío (norte e nordés de Europa, sur e centro de Siberia, Canadá, e Alasca)
  • Clima de tundra (rexión ártica e subantártica subglaciar, Groenlandia, parte de Siberia).
  • Clima polar (no Ártico e na Antártida).
  • Clima montañoso (zonas montañosas de máis de 3.500 m preto do Ecuador, ata 2.000 m preto dos polos).

Microclimas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar