Augusto Boal

escritor brasileiro

Augusto Pito Boal, nado no Río de Xaneiro o 16 de marzo de 1931 e finado no mesmo lugar o 2 de maio de 2009, foi director de teatro, dramaturgo e ensaísta brasileiro, unha das grandes figuras do teatro contemporáneo internacional.

Infotaula de personaAugusto Boal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1931 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte2 de maio de 2009 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaRío de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Universidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDramaturxia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector teatral , dramaturgo , científico , político , escritor , realizador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, lingua francesa, lingua castelá, lingua inglesa e portugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaMaria Bethânia Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1274901 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fundador do Teatro do Oprimido, que alía o teatro á acción social, as súas técnicas e prácticas difundíronse polo mundo, de maneira notábel nas tres últimas décadas do século XX, sendo largamente empregadas non só por aqueles que entenden o teatro como instrumento de emancipación política mais tamén nas áreas de educación, saúde mental e no sistema de prisións.

Nas palabras de Boal:

O Teatro do Oprimido é o teatro no sentido mais arcaico do termo. Todos os seres humanos são atores - porque atuam - e espectadores - porque observam. Somos todos 'espectatores'. [1]

O dramaturgo é coñecido non só pola súa participación no Teatro de Arena da cidade de São Paulo (1956 a 1970), mais sobre todo polas súas teses do Teatro do oprimido.

A súa obra escrita é expresiva. Con 22 libros publicados e traducidos en máis de vinte linguas, as súas concepcións son estudadas nas principais escolas de teatro do mundo. O libro Jogos Para Atores e Não Atores trata dun sistema de exercicios ("monólogos corporais"), xogos (diálogos corporais) e técnicas teatrais alén de técnicas do teatro-imaxe, que, segundo o autor, poden ser utilizadas non só por actores mais por todas as persoas.

Familia e estudos editar

 
En 1958.

Augusto Boal naceu no suburbio da Penha, Río de Xaneiro. Fillo do panadeiro portugués José Augusto Boal e da dona de casa Albertina Pito, orixinarios de Justes, Vila Real[2]. Desde os nove anos dirixía pezas familiares, cos seus tres irmáns. Aos 18 anos vai estudar Enxeñaría Química na antiga Universidade do Brasil, actual UFRJ, e paralelamente escribía textos teatrais.

Na década de 1950 mentres realizaba estudos en nivel de Ph.D en Enxeñaría Química,[3] na Columbia University, en Nova York, estuda dramaturxia na School of Dramatic Arts, tamén na Columbia, con John Gassner, profesor de Tennessee Williams e Arthur Miller.[4] Na mesma época, asistía ás montaxes do Actors Studio.

Teatro de Arena editar

En 1956, Augusto Boal pasa a integrar o Teatro de Arena de São Paulo, a convite de Sábato Magaldi e José Renato. O Arena tornouse unha das máis importantes compañías de teatro brasileiras, até o seu peche, no fin da década de 1960.[5]

A súa primeira dirección é Ratos e Homens, de John Steinbeck, que lle valeu o premio de revelación de dirección da Asociación Paulista de Críticos de Artes, en 1956. O seu primeiro texto na escena foi Marido Delgado, Mulher Chata, unha comedia de costumes. Despois dunha serie de fracasos comerciais e diante da perspectiva de peche do Arena, a compañía decide investir en textos de autores brasileiros. Superando as expectativas Eles Não Usam Black-Tie, de Gianfrancesco Guarnieri, dirixido por José Renato, tórnase un grande éxito, salvando o Arena da bancarrota. O grupo resxorde, provocando unha certa revolución na escena brasileira, abrindo camiño para unha dramaturxia nacional.

Para proseguir na investigación dun teatro volto para a realidade do Brasil, Boal suxire a creación dun Seminario de Dramaturxia que se tornará o escenario de varios novos dramaturgos. As producións, froito deses encontros, van compor o repertorio da fase nacionalista do conxunto os anos seguintes. Baixo adirección de Boal o Arena presenta Chapetuba Futebol Clube, de Oduvaldo Vianna Fillo, 1959, segundo éxito nesa vertente.

Arena e Oficina editar

Despois de dirixir, en 1959 A Farsa da Esposa Perfeita, de Edy Lima, Boal presenta Fogo Frio, de Benedito Ruy Barbosa, A Engrenagem, adaptación del e de José Celso Martinez Corrêa do texto de Jean-Paul Sartre.

En 1961, Antônio Abujamra dirixe outro texto de Boal, José, do Parto á Sepultura, cos actores do Oficina, que estrea no Teatro de Arena. O mesmo ano, o espectáculo Revolução na América do Sul estrea, con dirección de José Renato. Augusto Boal convértese nun dos máis importantes dramaturgos do período.

En 1962, o Arena inicia nova fase: a nacionalización dos clásicos. José Renato deixa a compañía e Boal tórnase líder absoluto e socio do emprendemento. Péchase a vida de escenificacións dos textos producidos no Seminario de Dramaturxia.

En 1963 escenifica O Noviço, de Martins Pena e Um Bonde Chamado Desejo, de Tennessee Williams, no teatro Oficina, en colaboración con grandes artistas do teatro brasileiro, tales como o escenógrafo Flávio Imperio e Eugênio Kusnet, responsábel da preparación dos actores. Aínda desta fase son O Melhor Juiz, o Rei, de Lope de Vega e Tartufo, de Molière, producións de 1964.

Despois do golpe militar, Boal dirixe no Río de Xaneiro o show Opinião, con Zé Kéti, João do Vale e Nara León - despois substituída por Maria Bethânia). A iniciativa xorde dun grupo de autores (Oduvaldo Vianna Fillo, Paulo Pontes e Armando Costa) ligados ao Centro Popular de Cultura (CPC) da UNE, posto na ilegalidade. O grupo pretendía crear un foco de resistencia política a través da arte. De feito o evento é un éxito e contaxia a outros sectores artísticos. O Opinião 65, exposición de artes plásticas no Museo de Arte Moderna do Río de Xaneiro (MAM-RJ), xorde na secuencia, aglutinando os artistas ligados aos movementos de arte popular. Ese é o nacemento do Grupo Opinião

A partir de Opinião, Boal inicia o ciclo de musicais no Arena, con Gianfrancesco Guarnieri e Edu Lobo, presentando Arena Conta Zumbi (1965), primeiro experimento co sistema curinga[6] onde oito actores se relevan, facendo todas as personaxes. O éxito de público abre camiño para Arena Conta Bahia, con dirección musical de Gilberto Gil e Caetano Veloso, e Maria Bethânia e Tom Zé no elenco.

Axiña, é escenificado Tempo de Guerra, no Oficina, con texto de Boal e Guarnieri, poemas de Brecht e voces de Gil, Maria da Graza (Gal Costa), Tom Zé e Maria Bethânia, coa dirección de Boal.

O ano seguinte, é a vez do espectáculo Arena Conta Tiradentes, centrado noutro movemento histórico de loita nacional - a Inconfidencia Mineira. Tamén unha aplicación do sistema curinga, a peza non propón retratar os traxes de forma ortodoxa e cronolóxica, mais crear conexións con traxes, tipos e personaxes que se refiren constantemente ao período pre e pos-1964.

A Primeira Feira Paulista de Opinião, concibida e escenificada por Boal no Teatro Ruth Escobar, é unha reunión de textos curtos de varios autores - unha declaración teatral sobre o Brasil de 1968. Están presentes textos de Lauro César Muniz, Bráulio Pedroso, Gianfrancesco Guarnieri, Jorge Andrade, Plínio Marcos e do propio Boal. O director presenta o espectáculo na totalidade, ignorando os máis de 70 cortes establecidos pola censura, incitando á desobediencia civil e loitando arduamente pola permanencia da peza en cartel, despois da súa prohibición.

En 2018, Clarice Boal organizou a Feira Brasileira de Opinião, en alusión á Feira organizada en 1968 por Augusto Boal. O local escollido foi o Memorial Luiz Carlos Prestes, en Porto Alegre.

Exilio editar

Coa decreto do Acto Institucional nº 5, a fins de 1968, o Arena viaxa para fóra do país, excursionando, entre 1969 e 1970 polos Estados Unidos, México, o Perú e a Arxentina. Boal escribe e dirixe Arena Conta Bolívar. No seu retorno, cun equipo de mozos recentemente saídos dun curso no Arena, crea o Teatro Jornal - 1ª Edição, experiencia que aproveita técnicas do agitprop e do Living Newspaper, grupo norteamericano dos anos 1930 que traballaba con dramatizacións a partir de noticias de xornal.

A Resistível Ascensão de Arturo Ui, de Brecht, é a última incursión de Boal no sistema curinga, que non obstante non engade grandes novidades na linguaxe do grupo.

En 1971, Boal é prendido e torturado. Na secuencia, decide deixar o país, con destino á Arxentina, terra da súa esposa, a psicanalista Cecília Boal. Alí permanece por cinco anos e desenvolve o Teatro Invisíbel. Aquel mesmo ano, Torquemada, un texto seu sobre a Inquisición, é escenificado en Buenos Aires.

En 1973, vai para o Perú, onde aplica as súas técnicas nun programa de alfabetización integral e comeza a facer o Teatro Fórum. En 1974, o seu texto Tio Patinhas e a Pílula é escenificado en Nova York.

No Ecuador, desenvolve con poboacións indíxenas, o Teatro Imagem. Ese período é representado por Boal no seu texto Murro em Ponta de Faca.

Múdase para Portugal, onde permanecerá por dous anos. Alí, co grupo A Barraca, realiza a montaxe A Barraca Conta Tiradentes, 1977. Presenta tamén un espectáculo musical "Zumbi", coa participación, entre outros, de Sérgio Godinho e Francisco Fanhais. Alí tamén escribe Mulheres de Atenas, unha adaptación de Lisístrata, de Aristófanes, con músicas de Chico Buarque.

Finalmente, a partir de 1978 establécese en París, onde crea un centro para pescuda e difusión do teatro do oprimido, o Ceditade (Centre d'étude et de diffusion des techniques actives d'expression). Alí, con axuda da súa esposa desenvolve un teatro máis interiorizado e subxectivo, o Arco-iris do desejo (Método Boal de Teatro e Terapia).[7]

Mentres tanto, en São Paulo (1978) Paulo José dirixe, para a compañía de Othon Bastos, Murro em Ponta de Faca, texto en que Boal enfoca a vida dos exiliados políticos.

Boal visita o Brasil en 1979, para dar un curso no Río de Xaneiro, retornando, o ano seguinte, xuntamente con seu grupo francés, para presentar o Teatro do Oprimido, xa consagrado en moitos países.

En 1981, promove o I Festival Internacional de Teatro do Oprimido. Volta ao Brasil definitivamente en 1986, instalándose no Río, onde inicia o plano piloto da Fábrica de Teatro Popular, que tiña como principal obxectivo tornar accesíbel a calquera cidadán a linguaxe teatral e crea o Centro do Teatro do Oprimido.

Unha das cancións de Chico Buarque é unha carta en forma de música - unha carta musicada que el fixo en homenaxe a Boal, que vivía no exilio en Lisboa, cando o Brasil estaba coa ditadura militar. A canción Meu Caro Amigo, dirixida a el, foi gravada orixinalmente no disco Meus Caros Amigos 1976.

Augusto Pito Boal é Patrón da Presidente/ALB/Piracicaba/SP Academia de Letras do Brasil. A primeira escritora a imortalizar Augusto Boal na Academia de Letras foi a escritora Branca Tirollo no 12 de agosto de 2009 na cidade de "Piracicaba São Paulo".

Centro de Teatro do Oprimido-CTO editar

O Centro de Teatro do Oprimido[8], xurdido en 1986, é un centro de pescuda e difusión, que desenvolve metodoloxía específica do Teatro do Oprimido en laboratorios e seminarios, ambos de carácter permanente, para revisión, experimentación, análise e sistematización de exercicios, xogos e técnicas teatrais. Nos laboratorios e seminarios son elaborados e producidos proxectos socio-culturais, espectáculos teatrais e produtos artísticos, tendo como alicerce a Estética do Oprimido. O CTO foi a única institución que tivo a dirección artística de Augusto Boal nos seus últimos 23 anos de vida. A filosofía e as accións desta institución var cara á democratização dos medios de produción cultural, como forma de expansión intelectual dos seus participantes, alén da propagación do Teatro do Oprimido como medio, da activación e do democrático fortalecemento da cidadanía. O CTO aplica proxectos que estimulan a participación activa e protagonista das capas oprimidas da sociedade, e levan á transformación da realidade a partir do diálogo e a través de medios estéticos, tendo o notorio e notábel saber da metodoloxía do Teatro do Oprimido. Desa forma o Centro de Teatro do Oprimido[9] desenvolve proxectos na área da educación, saúde mental, sistema prisional, puntos de cultura, movementos sociais, comunidades, entre outros. Por conta da súa natureza humanística e do potencial do Teatro do Oprimido, está presente en todo o Brasil e en países como Mozambique, Guinea-Bissau, Angola e o Senegal.

Equipo do CTO: Coordinación Político-Artística Geo Britto, Coordinación Artístico-Política Helen Sarapeck , Olivar Bendelak, Claudete Felix, Flávio Sanctum, Monique Rodrigues e Alessandro Conceição. Curinga Internacional: Barbara Santos e Claúdia Simone. Curinga Rexional: Claudio Rocha, Kelly di Bertolli e Yara Toscano. Asistente de Curinga; Janna Salamandra. Consultoria de Imaxe : Cachalotte Matos. Finanzas: Graza Silva. Asesoría Xurídica: Victor Gabriel.

Teatro popular editar

Boal preconizaba que o teatro debe ser un auxiliar das transformacións sociais e formar liderados nas comunidades rurais e nos suburbios. Para isto organizou unha sucesión de exercicios simples, porén capaces de ofrecer o desenvolvemento dunha boa técnica teatral afeccionada, auxiliando a formación do actor de teatro.

Nobel editar

Augusto Boal foi nomeado ao Premio Nobel da Paz en 2008, en virtude de seu traballo co Teatro do Oprimido.[10]

En marzo de 2009 foi nomeado pola Unesco embaixador mundial do teatro.

Augusto Boal morreu na madrugada dun sábado ao redor das 2h 40min do día 2 de maio de 2009, aos 78 anos, no Centro de Tratamento Intensivo do Hospital Samaritano, en Botafogo, na Zona Sur do Río, por insuficiencia respiratoria. Boal sufría de leucemia.[11]

Sobre a importancia de Boal para o Teatro editar

As súas ideas, adoptadas en diversas iniciativas en todo o mundo, rendéronlle un recoñecemento que pode ser expresado nos seguintes comentarios, que figuran no seu libro Teatro do oprimido e outras poéticas políticas (ISBN 85-2000-0265-X):

  • "Boal conseguiu facer aquilo con que Brecht só soñou e escribiu: un teatro alegre e instrutivo. Unha forma de terapia social. Máis do que calquera outro home de teatro vivo, Boal está tendo un enorme impacto mundial" - Richard Schechner, director de The Drama Review.
  • "Augusto Boal reinventou o teatro político e é unha figura internacional tan importante canto Brecht ou Stanislavski." - The Guardian.

Premios editar

  • 1962 - Premio PADRE VENTURA, mellor director - São Paulo
  • 1963 – Premio SACY, mellor director, São Paulo
  • 1965 – Premio SACY, São Paulo
  • 1959-1965 – Varios premios de Asociacións de Críticos de Teatro do Río de Xaneiro, Arrecife, Porto Alegre e São Paulo
  • 1965 - Premio MOLIÈRE polo espectáculo A Mandrágora de Machiavel - Brasil
  • 1967 - Premio MOLIÈRE pola creación do "Sistema Curinga" - Brasil
  • 1971 -OBIE AWARD para o mellor espectáculo off - Broadway. LATIN AMERICAN FAIR OF OPINION, EUA
  • 1981 - OFFICIER DES ARTS ET DES LETTRES – Ministère de la Culture, Francia
  • 1981 – Premio OLLANTAY, de Creación y Investigación Teatral, CELCIT, Venezuela
  • 1994 - Premio CULTURAL AWARD da cidade de Gävle, Suecia
  • 1994 - Medalla PABLO PICASSO da UNESCO
  • 1995 - OUTSTANDING CULTURAL CONTRIBUTION - Academy of the Arts - Queensland University of Technology, Australia
  • 1995 - PRIX CULTURAL - Institut Für Jugendarbeit - Gauting, Baviera
  • 1995 - THE BEST SPECIAL PRESENTATION - Manchester News – UK
  • 1996 – Doctor Honoris Causa in Humane Letters, University of Nebraska, EUA
    • TRADITA INNOVARE, INNOVATA TRADERE, University of Göteborg, Suecia
  • 1997 - LIFETIME ACHIEVEMENT AWARD, American Theatre Association in Higher Education, ATHE, EUA
    • - PRIX DU MÉRITE, Ministère de la Culture de Exipto
  • 1998 – PREMI D´HONOR, Institutet de Teatre, Barcelona
  • PREMIO DE HONOR, Instituto de Teatro, Ciudad de Puebla, México
  • 1999 - Honra ao mérito. União e Olho Vivo. Brasil.
  • 2000 – Proclamation of the City of Bowling Green, Ohio. EUA
    • Doctor Honoris Causa in Fine Arts, Worcester State College, EUA
    • – Montgomery Fellow, Dartmouth College, Hanover, EUA
  • 2001 – Nominated (for July, 2001) DOCTOR HONORIS CAUSA in Literature, Universidade de Londres, Queen Mary, Reino Unido.
  • International Award for Contribution of Development of Drama Education "Grozdanin kikot“.
  • 2002 – Baluarte do Samba, homenaxe da Escola de Samba Académicos da Barra da Tijuca
  • 2005 – Comendador Goberno Federal. Brasil.
  • 2008 - Crossborder Award for Peace and Democracy. Irlanda

Libros publicados editar

En portugués

  • Arena conta Tiradentes. São Paulo: Sagarana,1967.
  • Crônicas de Nuestra América. São Paulo: Codecri, 1973.
  • Técnicas Latino-Americanas de teatro popular: uma revolução copernicana ao contrário. São Paulo: Hucitec, 1975.
  • Teatro do oprimido e outras poéticas políticas. Río de Xaneiro. Civilização Brasileira. 1975.
  • Jane Spitfire. Río de Xaneiro: Codecri,1977.
  • Murro em Ponta de Faca. São Paulo: Hucitec, 1978.
  • Milagre no Brasil. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1979.
  • Stop: ces’t magique. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1980.
  • Teatro de Augusto Boal. vol.1. São Paulo: Hucitec,1986.
  • Teatro de Augusto Boal. vol.2. São Paulo: Hucitec,1986.
  • O Corsário do Rei. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1986.
  • O arco-íris do desejo: método Boal de teatro e terapia. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1990.
  • O Suicida com Medo da Morte. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1992
  • Teatro legislativo. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1996.
  • Aqui Ninguém é Burro! Río de Xaneiro: Revan, 1996
  • Jogos para atores e não-atores. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira, 1998.
  • Hamlet e o filho do padeiro. Río de Xaneiro: Civilização Brasileira – 2000
  • O teatro como arte marcial. Río de Xaneiro: Garamond, 2003.
  • "A Estética do Oprimido". Río de Xaneiro, 2009, nunha colaboración entre a Funarte, o Ministerio da Cultura e a Editora Garamond.

En alemán

  • Ehemann mager, Frau flachl. Verlag der Autoren, 1957.
  • Revolution auf südamerikanisch. Verlag der Autoren. 1960.
  • José von der Wiege bis zur Bahre. Verlag der Autoren, 1961.
  • Arena erzählt Zumbí. Verlag der Autoren, 1965.
  • Kriegszeit. Verlag der Autoren, 1967.
  • Theaterzeitung, Erstausgabe. Verlag der Autoren, 1970.
  • Das große internationale Abkommen des Onkel Sam. Verlag der Autoren, 1971.
  • Torquemada (entstanden während seiner Haft in Brasilien). Verlag der Autoren, 1971.
  • Mit der Faust ins offene Messer, ISBN 3-88661-035-7

En danés

  • Lystens regnbue - Boals metode for teater of terapi, Drama, 2000.
  • Spil! - øvelser og lege for skuespillere og medspillere, Drama, 1995.
  • Teatret son krigskunst (O Teatro como arte marcial). Tradución de Niels Damkjær, 2004.

En español

  • Categorías de Teatro Popular. Buenos Aires: Ediciones Cepe, 1972.

En finlandés

  • Draamaa ja teatteria yhteisöissä, Ventola&Renlund (toim.), 2005.

En francés

  • Théâtre de l’opprimé. Éditions La Découverte, 1996.
  • Jeux pour acteurs et non-acteurs. Éditions François Maspero, 1978.
  • Practique du théâtre de l’opprimé. Centre d’étude et de diffusion des techniques actives d’expression, 1983.
  • Stop ! c’est magique. Éditions Hachette, 1980.
  • Méthode Boal de théâtre et de thérapie. Éditions Ramsay, 1990.
  • L’Arc-en-ciel du désir. Éditions La Découverte, 2002.

En inglés

  • Theatre of the Oppressed. Londres: Pluto Press, 1979.
  • Games for Actors and Non-Actors. Londres: Routledge, 1992.
  • The Rainbow of Desire. Londres: Routledge, 1995.
  • Legislative Theatre: Using Performance cho Make Politics. Londres: Routledge, 1998.
  • Hamlet and the Baker's Son: My Life in Theatre and Politics. Londres: Routledge, 2001.
  • The Aesthetics of the Oppressed. Londres: Routledge, 2006.

Norueguês (bokmål)

  • De undertryktes teater, 1974.
  • Games for Actors and Non-Actors, 1992.
  • The Rainbow of Desire, the Boal Method of Theatre and Therapy, 1995.

(Nota: Hai dúas formas oficiais do norueguês escrito e en uso, o bokmål (que literalmente significa lingua dos libros) e o nynorsk (novo norueguês).

Suéco

  • De förtrycktas teater, tradución de Marianne Eyre & Loreta Valadares. Estocolmo: Gidlund [Suecia], 1979.

Notas editar

  1. "BOAL, Augusto. Les écrivains d'expression portugaise.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2008. Consultado o 29 de abril de 2020. 
  2. Revista Blimunda 59 (abril de 2017). pág. 39.
  3. "Augusto Boal". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-29. 
  4. "Theatre". Theatre Arts & Dance. College of Liberal Arts (en inglés). Consultado o 2020-04-29. 
  5. Cultural, Instituto Itaú. "Enciclopédia Itaú Cultural". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-04-29. 
  6. Cultural, Instituto Itaú. "Enciclopédia Itaú Cultural". Enciclopédia Itaú Cultural (en portugués). Consultado o 2020-04-29. 
  7. "BOAL, Augusto (1931-2009) : Biblioteca". www.rebeldemule.org (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 
  8. Gijon, Victor (1982-08-11). "El brasileño Augusto Boal presenta su concepto del 'teatro del oprimido'". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-29. 
  9. teatro, El. "Augusto Boal más de 50 años de Teatro del Oprimido". El teatro como oportunidad (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 2020-04-29. 
  10. "corneta teatro del oprimido legado de augusto boal". web.archive.org. 2011-11-22. Archived from the original on 22 de novembro de 2011. Consultado o 2020-04-29. 
  11. C.V, DEMOS, Desarrollo de Medios, S. A. de (2009-05-03). "La Jornada: Falleció Augusto Boal; el escenario como catalizador social, su doctrina". www.jornada.com.mx (en castelán). Consultado o 2020-04-29. 

Véxase tamén editar

Sobre o Teatro do Oprimido editar