Francisco Buarque de Hollanda, máis coñecido como Chico Buarque, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1944, é un poeta, músico, compositor, dramaturgo e novelista brasileiro. Foi Premio Camões en 2019.[1]

Chico Buarque
Nome completoFrancisco Buarque de Hollanda
Nacemento19 de xuño de 1944
Lugar de nacementoRío de Xaneiro
NacionalidadeBrasil
Alma máterFaculdade de Arquitetura e Urbanismo da Universidade de São Paulo
Ocupacióncantante, compositor, poeta, escritor, dramaturgo, músico de jazz, guitarrista, novelista, actor e artista discográfico
PaiSérgio Buarque de Hollanda
NaiMaría Amélia Buarque de Hollanda
CónxuxeMarieta Severo
FillosSílvia Buarque e Helena Buarque
IrmánsAna de Hollanda, Cristina Buarque, Miúcha e Sergio Günther
Coñecido porRoda Viva
PremiosPrêmio São Paulo de Literatura, Grammy Latino de Melhor Álbum de Música Popular Brasileira, Grammy Latino de Melhor Canção em Língua Portuguesa, Orde do Mérito Cultural, Premio Camões, José María Arguedas Prize, Comendador da Ordem do Infante Dom Henrique e Prêmio da Música Brasileira
Na rede
http://www.chicobuarque.com.br
IMDB: nm0117770 Allocine: 194465
Instagram: chicobuarque MySpace: chicobuarque Bitraga: 2916 Spotify: 6tOsSffQQIXmK8TqsDck8t Last fm: Chico+Buarque Musicbrainz: 3a5d1cc7-627e-48ea-aba3-fdd20d782c33 Songkick: 284725 Discogs: 312060 Allmusic: mn0000095613 Genius: Chico-buarque Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Familia e primeiros anos editar

Naceu no seo dunha familia intelectual. O seu avó Cristóvão Buarque de Hollanda foi fundador da Escola de Farmácia da Universidade de São Paulo; o pai, Sérgio Buarque de Hollanda, foi un coñecido historiador e sociólogo, a súa nai María Amélia Buarque de Hollanda, finada aos 100 anos en 2010, foi unha intelectual, colaboradora en obras de seu pai, ademais de pianista, e neta de Cesário Alvim. Chico Buarque ten seis irmáns, entre eles as artistas Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque. Ao contrario da crenza popular, o lexicógrafo Aurélio Buarque d'Hollanda era só un familiar arredado da familia paterna do Chico.[2]

O neno Chico era estudoso, cun interese temperán pola música e a escritura. Desde pequeno fiicou impresionado pola música, especialmente pola bossa nova e sobre todo pola obra de João Gilberto.

Casou coa actriz Marieta Severo, coa que ten tres fillas.

Carreira musical e literaria editar

É coñecido principalmente polas súas cancións de marcada harmonía, debedoras en parte de Antônio Carlos Jobim, a quen homenaxea chamando "meu maestro soberano foi Antônio Brasileiro"[3], e polas súas letras, que oscilan entre unha temática de carácter intimista, até cuestións como a situación cultural, económica e social do Brasil.

Colaborou con moitos músicos brasileiros, con algúns deles gravou discos ao vivo, por exemplo con Caetano Veloso e Maria Bethânia; varios deles son mencionados na súa música "Paratodos".[3]

Ao longo da súa vida foi alternando a súa carreira musical coa de novelista e dramaturgo. As súas dúas últimas novelas, Budapeste (2005) e Leite derramado (2009), foron aclamadas pola crítica e merecedoras do Premio Jabuti.

O 2 de decembro de 2012, Miguel Faria realizou o filme documental Chico - Artista Brasileiro[4], presentando un espectáculo do Chico Buarque combinado con declaracións súas e testemuñas doutros nomes da música popular brasileira (MPB) e con representacións de personaxes presentes nas cancións máis famosas do artista.[5][6]

En novembro de 2022, o deputado estadual Eduardo Bolsonaro, fillo do presidente Jair Bolsonaro utilizou nas súas redes sociais a música “Roda Viva” do Chico Buarque. Ese feito foi denunciado polo autor, en primeira instancia a Justiça do Rio de Janeiro cuestionou a autoría por "ausência de documento indispensável sobre os direitos autorais". Os avogados do cantor recorreran a decisión afirmando “É de se anotar que o fato de que Chico Buarque é compositor e cantor de ‘Roda Viva’, especialmente no fonograma utilizado pelo réu, é fato público e notório. Trata-se de uma das músicas mais marcantes da cultura popular brasileira e da história das canções de protesto”. En decembro de 2022 a Xustiza concedeu tutela anticipada de urxencia, decidindo que Bolsonaro debía retirar imediatamente o post da música da rede social baixo pena de pagar multa diaria de R$ 1 mi. [7]

Discografía editar

Notas editar

  1. Lucas, Isabel. "Chico Buarque, um Prémio Camões com mensagem artística e política". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 
  2. "Crítica do livro Leite derramado". web.archive.org. 2021-10-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 2022-12-17. 
  3. 3,0 3,1 "Paratodos - Chico Buarque". Letras.mus.br (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 
  4. "Chico: Artista Brasileiro". Globo Filmes (en castelán). Consultado o 2022-12-17. 
  5. "Chico Buarque vai ganhar documentário com paralelo entre carreira de cantor e compositor". O Globo (en portugués). 2012-12-02. Consultado o 2022-12-17. 
  6. AdoroCinema. "Diretor de Vinícius prepara documentário sobre Chico Buarque". AdoroCinema (en portugués). Consultado o 2022-12-17. 
  7. "Juiz ordena que Eduardo Bolsonaro retire música de Chico Buarque das redes" (en portugués). 2022-12-17. Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar