Ordem do Mérito Cultural

orde honorífica do Brasil

A Ordem do Mérito Cultural (OMC) é unha orde honorífica dada a personalidades brasileiras e estranxeiras como forma de recoñecer as súas contribucións á cultura do Brasil. A insignia é unha cruz de Santiago, no centro, un libro aberto labrado de ouro sobre unha coroa de loureiro circundado pola lenda "ORDEM DO MÉRITO CULTURAL".

Ordem do Mérito Cultural

Barreta

Ordem do Mérito Cultural
Outorgada polo ministro da Educação
Tipo Orde civil
Estado Actualmente en vigor
Estadísticas
Establecida en 1991

Historia editar

Instituíuse a través do artigo 34 da lei nº 8.313 de 23 de decembro de 1991 e polo decreto nº 1.711 de 22 de novembro de 1995 durante a presidencia de Fernando Henrique Cardoso. A OMC é a maior honra concedida aos artistas e personalidades brasileiras e estranxeiras pola súa contribución á cultura brasileira.

O 5 de novembro de cada ano, cando se conmemora o Dia Nacional da Cultura, disponse a realización da entrega das insignias. A admisión na Orde é feita polo decreto do presidente da república diante da proposta do chanceler da Orde, co beneplácito do parecer favorábel do consello.

A suspensión editar

O expresidente do Brasil Jair Bolsonaro rompeu coa entrega dos pasados 20 anos deixando de homenaxear artistas e comunidades pola súa contribución á cultura brasileira. A Ordem do Mérito Cultural só foi concedida até o goberno de Temer e recuperado por Luiz Inácio Lula da Silva.[1]

Notas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.