Arciprestado de Pruzos

O Arciprestado de Pruzos é un dos 33 arciprestados da arquidiocese de Santiago de Compostela.[1] Pertence á vigairía da Coruña e abrangue 42 parroquias de sete concellos coruñeses.

A súa existencia xa está constatada no parroquial suevo do século VI. O nome do arciprestado tómase do lugar de Pruzos na parroquia de Churío do concello de Irixoa, o cal nos dá unha idea da importancia deste lugar na época sueva.

Parroquias editar

 
Arciprestado de Pruzos no mapa do arcebispado de Santiago de 1825.

As 42 parroquias do arciprestado son:

  • 2 parroquias do concello de Aranga:
Aranga (San Paio) e Cambás (San Pedro).
O resto das parroquias de Aranga repártense entre os arciprestados de Xanrozo (tres) e Sobrado (unha), pertencentes tamén á arquidiocese de Santiago de Compostela.
  • As 7 parroquias do concello de Irixoa:
Ambroa (San Tirso), Churío (San Martiño), Coruxou (San Salvador), Irixoa (San Lourenzo), Mántaras (Santa María), Verís (Santa María) e A Viña (Santaia).
  • As 8 parroquias do concello de Miño:
Bemantes (San Tomé), Callobre (San Xoán), Carantoña (San Xulián), Castro (Santa María), Leiro (Divino Salvador), Miño (Santa María), Perbes (San Pedro) e Vilanova (San Xoán).
  • 5 parroquias do concello de Monfero:
Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña) e Vilachá (Santa María).
As dúas parroquias restantes de Monfero pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
  • 7 parroquias do concello de Paderne:
Adragonte (Santiago), Paderne (San Xoán), San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón), San Xulián de Vigo (San Xulián), Souto (Santa María), Vilamourel (San Xoán) e Vilouzás (San Salvador).
A parroquia de Obre pertence ao arciprestado de Xanrozo. A parroquia administrativa de Quintas non existe eclesiasticamente.
Andrade (San Martiño), Boebre (Santiago), Centroña (Santa María), Nogueirosa (San Cosme), Ombre (Santa María), Pontedeume (Santiago) e Vilar (San Pedro).
A parroquia administrativa de Breamo non existe eclesiasticamente.
Doroña (Santa María), Goimil (San Cristovo), Grandal (San Pedro), Torres (San Xurxo), Vilamateo (Santiago) e Vilarmaior (San Pedro).

Patrimonio artístico editar

Romarías editar

Celébranse tres romarías en ermidas do arciprestado: A da Santa Cruz de Aranga, onde a tradición di que se conserva unha reliquia da Vera Cruz do Calvario, celébrase o 3 de maio e o domingo seguinte; a de San Miguel de Breamo, o 8 de maio e o 29 de setembro; e a da Virxe da Cela no mosteiro de Santa María de Monfero, o primeiro domingo de xullo que non sexa día 1.

Notas

  1. "Organización territorial". Archicompostela (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2019. Consultado o 2019-07-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar