Adolfo Rodríguez Ansias

mestre e político galego

Adolfo Rodríguez Ansias, nado no Brasil o 11 de agosto de 1908[1] e finado en Ourense o 27 de xuño de 1982, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaAdolfo Rodríguez Ansias
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1908 Editar o valor em Wikidata
Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1982 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Digna Ansias Camba, orixinaria de San Cibrao das Viñas, e Adriano Rodríguez Cordeiro, de Allariz. A nai finou por complicacións no parto dun novo fillo, e Adolfo foi enviado a Galicia a vivir coa súa tía materna Victoria Ansias Camba en Ourense. Estudou Maxisterio en Ourense e aproba a oposición de mestre en 1928. Exerceu no Rañadoiro (Muíños), na Escola Anexa de Ourense e en Bóveda de Amoeiro. Foi un dos fundadores da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e administrador da súa revista Escuela del Trabajo. De ideoloxía radical-socialista, era coñecido polo seu activismo anticlerical. Foi detido o 28 de outubro de 1934 con Ignacio Herrero Fuentes acusados de inxurias ao réxime, pero a causa foi sobresida,[2] e puxéronlle unha multa de 2.000 pesetas.[3] Volveu ser detido en decembro.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[4] Foi perseguido, pero eludiu a súa detención manténdose agochado durante 28 anos en A Loña, Mariñamansa, San Cibrao e fundamentalmente nun zulo construído na propia vivenda de planta baixa do edificio dos seus tíos na praza de San Cosme de Ourense. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[5] O 1 de novembro de 1964 solicitou a reiconporación ao maxisterio. Foi reposto como mestre en Ferreira de Pantón. En 1965 foi mestre en Requiás (Muíños) e ao ano seguinte trasladouse a Marce (Pantón).[6] Despois foi mestre en Viveiro.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 114. 
  2. La Región, 3-1-1934, p. 3.
  3. Hace 75 años... Multados por una comida en honor a un detenido
  4. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.
  5. BOE, 3-10-1941, p. 3630.
  6. La Voz de Galicia, 24-7-1966, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar