Ignacio Herrero Fuentes

mestre e político galego

Ignacio Herrero Fuentes, nado en Pedrafita do Cebreiro o 6 de abril de 1909 e finado en San Carlos-Cojedes (Venezuela) en 2001, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaIgnacio Herrero Fuentes
Biografía
Nacemento6 de abril de 1909 Editar o valor em Wikidata
Pedrafita do Cebreiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte2001 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
San Carlos, Venezuela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi elixido secretario-bibliotecario da Juventud Esperantista de Ourense en 1928.[1] Foi mestre en Pedrafita (A Teixeira) en 1930,[2] e na escola de Tamallancos dende 1931.[3] Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborou en Escuela del Trabajo. Presentou o relatorio "El problema lingüístico de la escuela gallega" no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia celebrado en abril de 1936.[4] Foi detido en outubro de 1934 con Adolfo Rodríguez Ansias acusados de inxurias ao réxime, pero a causa foi sobresida,[5] e impuxéronlle unha multa.[6]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[7] Foi detido, pero logrou fuxir da cadea. Exiliouse en Cuba e despois pasou a Panamá onde foi profesor na Universidade de Panamá. Publicou artigos filolóxicos na revista Universidad e dirixiu un boletín político. Trasladouse despois a Venezuela onde foi director do Colexio estatal Cojedes. Foi autor do estudo preliminar de La versificación hispanoamericana pre-modernista. Héctor Pedreáñez Trejo. Publicou baixo o pseudónimo de Dr. Iñigo sobre a erudición dos debates intelectuais entre Risco e Couceiro Freijomil.

Obras editar

  • Cojedes y San Carlos en su tricentenario. Estudio original e inédito, 1978.

Notas editar

  1. La Región, 8-12-1928, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 14-1-1930, p. 11.
  3. La Región, 3-1-1931, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 26-4-1936, p. 3.
  5. La Región, 3-1-1934, p. 3.
  6. La Región, 16-1-1936, p. 4.
  7. El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar