Muíños

concello da comarca da Baixa Limia, na provincia de Ourense

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Muíños
Escudo de Muíños
Casa consistorial
Situación
Xentilicio[1]muiñense (non oficial)
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.439 hab. (2023)[2][3]
Área109,7 km²[3]
Densidade13,12 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldePlácido Álvarez Dobaño (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Muíños
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes76,93%
Na rede
www.concellomuinos.com
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

O concello, de 109 km², abrangue 12 parroquias. Está a uns 680 metros de altitude, sobre os vales do río Limia (encoro das Conchas) e do río Salas, á beira da fronteira portuguesa. Comparte con este país veciño o Parque Natural Baixa-Limia, na Serra do Xurés.

O nome do concello de Muíños, procede da parroquia de Muíños. A primeira que se relaciona na lista dos novos concellos que se publica no BOPOR, do 14 de xuño de 1836.[8]

Desde 1997, a capitalidade municipal está situada no lugar de Mugueimes, na parroquia de Muíños [9].

Demografía editar

Censo Total 1.622 (2014)
Menores de 15 anos 77 (4.75 %)
Entre 15 e 64 anos 867 (53.45 %)
Maiores de 65 anos 678 (41,8 %)
Evolución da poboación de Muíños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.579 4.436 4.341 4.291 1.985 1.821 1.782 1.779
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Turismo editar

Amais da gandería e da agricultura, de vital importancia en toda a Baixa Limia, Muíños despunta polo turismo, con casas de turismo rural e un albergue á beira do encoro das Conchas a carón da praia fluvial. Alí hai instalacións para practicar deportes acuáticos como o piragüismo ou a vela. Preto deste lugar hai unhas pozas de augas termais.

A primeira fin de semana de agosto celébrase a festa das sopas do burro cansado.

Patrimonio editar

O inventario do patrimonio histórico e artístico do concello aparece indicado no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991[10].

  • Necrópole do Outeiro de Cavaladre (Requiás ) M1 e M5
  • Necrópole de Maus de Salas (Encoro de Salas )
    • Anta Casiña da Moura
    • Anta Casota do Foxo

Castros:

  • Castro de Taboadela (Barxés)
  • Castro de Outeiro de Cela (Mugueimes)
  • Castro de San Pedro de Muíños (Muíños)
  • Castro de Santa María do Castro (Guntumil)

A vía XVIII que vai dende Braga cara a Astorga, atravesa o concello. No encoro das Conchas está o campamento Aquis Querquennis.

Muíños na literatura popular editar

  • A Virxe da Aparecida/ onde foi aparecer:/ antre Couso e Porqueirós,/ meniñas, vámola ver [11].
  • As mociñas, as de Maus,/ cando van ó fiadeiro/ collen ó pai polas barbas:/ curre pra aiquí, meu carneiro! [12].
  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [13].
  • O que queira vir, que veña,/ quen queira correr, que corra,/ pra botar un ventureiro/ na festa da Clamadoira [14].

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Muíños.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Muíños

Barxés (Santa María) | Cados (Santa María) | Couso de Salas (Santiago) | Farnadeiros (San Pedro) | As Maus de Salas (Santa Baia) | Muíños (San Pedro) | Parada de Ventosa (San Pedro) | Porqueirós (Santo André) | Prado de Limia (San Salvador) | Requiás (Santiago) | Souto de Limia (Santa María) | Xermeade (San Miguel)

Lugares de Muíños editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muíños vexa: Lugares de Muíños.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Muíños".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Concello de Muíños, Símbolos
  9. Decreto 316/1997, polo que se aproba o cambio de capitalidade do concello de Muíños a Mugueimes (DOG nº 221, 14.11.1997). No decreto explican que a casa consistorial xa estaba situada neste lugar, "desde hai moitos anos", pero sen especificar data.
  10. Concello de Muíños (ed.). "Arqueoloxía". Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 52). Santiago de Couso de Salas e Santo André de Porqueirós son parroquias do concello de Muíños.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 47. Santa Baia das Maus de Salas, parroquia do concello de Muíños.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. O ventoreiro é un tipo de baile semellante á muiñeira. A festa da Clamadoira celébrase o 8 de xullo (segundo Xaquín Lorenzo) e existe unha ermida da Clamadoira en Muíños, próximo ó encoro das Conchas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.