Un zombi[1] (en crioulo haitiano: zonbi, e en francés haitiano: zombi) é un corpo morto que volve á vida mediante bruxería.[2] O concepto está popularmente asociado co vudú haitiano, pero non forma parte das prácticas formais da relixión.

Debuxo dun zombi haitiano.

De acordo coas crenzas, un houngan, bokor ou feiticeiro vudú, sería quen de resucitar a un morto, que quedaría sometido en adiante á vontade da persoa que o devolve á vida.[3]

Coloquialmente, e en senso figurado, zombi úsase para designar a quen fai as cousas mecanicamente como se estivese privado de vontade.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zombi.
  2. Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 1998. 
  3. «Vodou» The Oxford Encyclopedia of African Thought, Volumen 1, Oxford University Press, 2010. ISBN: 9780195334739