Zenttric é un grupo musical de indie rock que provén de Biscaia. En decembro de 2005 Mikel Otero e Javi Moe comezaron a tocar xuntos, pero non foi ata marzo de 2006, coa chegada de Gutxi Bibang, que a banda tomou forma. En abril dese ano decidiron chamar ó grupo "Zenttric", despois de dar unhas cantas voltas á verba "excéntrico". O primeiro baixista do grupo foi Jorge "Gt" Murillo, baixista de Nice Family Trip e un ano máis tarde chegou Iñigo Rozas que viña do grupo Ehiztari.

Zenttric
Zenttric nun concerto en Barcelona.
OrixeGetxo, País Vasco País Vasco
Período2006 - 2013
Xénero(s)Rock alternativo
Rock-pop
Indie rock
Selo(s) discográfico(s)EMI/Capitol
MembrosGutxi Bibang (voz e guitarra)
Javi Moe (batería)
Iñigo Rozas (baixo)
Dani Vicente (guitarra)
Antigos membrosMikel Otero (guitarra)
Jorge Murillo (baixo)
Na rede
http://zenttricweb.com/
Twitter: zenttric Musicbrainz: ba38fb11-fedd-4fc6-9744-62d44cae5d47 Songkick: 1988493 Editar o valor em Wikidata

Ademais de actuar en concertos por numerosas cidades españolas, deben gran parte do seu éxito ó sitio social MySpace. O 23 de xuño de 2007 chegan un dos intres máis importantes na vida do grupo: convértense en abreconcertos dos Rolling Stones. Fano en Donostia, no estadio de Anoeta. En xaneiro de 2011 Mikel Otero deixa de formar parte do grupo e é substituído por Dani Vicente, guitarrista de Sestao que acababa de chegar de pasar dous anos estudando no Musician Institute dos Ánxeles.

En 2009 medra o seu recoñecemento, ó seren nomeados ós Premios da Música como Mellor Álbum Pop e Artista Revelación, e ós Premios 40 Principales na categoría de Mellor Artista Novo e como Mellor Videoclip polo seu sinxelo "Sólo quiero bailar". Actualmente acaban de lanzar un EP, chamado Tripolar.

Discografía editar

  • Zenttric (2009)
  • Tripolar (2011)
  • 3 (2013)
Sinxelos
  • "Sólo quiero bailar" (2009)
  • "Limousine" (2009)
  • "Olvídate de mí" (2010)
  • "Lady Gaga" (2011)
  • "La noche que estuvimos a punto de casarnos" (2011)
  • "Modernos que critican a modernos" (2013)